Skip to Content

"Bicos con lingua" de Talía Teatro

A compañía teatral Talía tróuxonos unha das súas obras máis exitosas: Bicos con lingua, á que tivo a sorte de acudir o alumnado de 1º da ESO para despedir o curso. Este é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.

 

A diversidade afectivo sexual

O alumnado de 1º da ESO acudiu o día 21 a unha charla sobre a diversidade afectivo sexual. Nela tratáronse aspectos que teñen que ver coas diferenzas de ser e de sentir e coa importancia de entender e aceptar que vivimos nun mundo diverso e que iso nos enriquece a tod@s. Esta charla foi subvencionada polo Concello das Neves.

Redes sociais e xénero

O día 22 o alumnado de 3º da ESO e de 1º de FPB recibiu unha charla sobre Redes Sociais e Xénero. Nela abordáronse temas como a privacidade, a reflexión sobre os contidos que se soben ás redes, os contactos que se establecen nelas e os perigos das plataformas que a rapazada adoita usar. Esta charla foi subvencionada poo Concello das Neves.

Inversa teatro preséntanos Sofía

O día 21 o alumnado de 4º da ESO e de 1º de BACH á representación de Sofía da compañía Inversa Teatro.  Sofía é un espectáculo unipersoal de Marta Pérez, próximo ao teatro- conferencia, realizado as hoc a partires da montaxe de Sofía e as Postsocráticas. Trátase dunha acción escénica na que a actriz fai unha reflexión en torno á necesidade de procurar un novo xeito de pensar diante da problemática da violencia machista.

 

Alumnado de 4º ESO reuniuse co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para constituír o Consello Climático Xuvenil

Alumnas e alumnos de 4º ESO A achegáronse onte ao salón de plenos do  Concello das Neves para manter o primeiro contacto co Consello Climático Xuvenil  das Neves.

Minuto de silencio en repulsa contra os casos de violencia de xénero

O pasado luns, durante o recreo, gardamos un minuto de silencio para mostrar a nosa repulsa contra o alarmante repunte de casos de violencia de xénero.

Distribuir contido


by Dr. Radut