Skip to Content

Charla do día 1 de outubro

A exposición tratou sobre a saúde mental e viu da man de Goreti e Noelia, integrantes da asociación Avelaiña, para o alumnado de 1º da ESO. Tratáronse problemas que están a aparecer nos últimos anos nos adolescentes, as causas e a sensibilización cara as persoas que os sufren.

CONCURSO MASCOTA

Pincha neste enlace para consultar as bases do concurso.

A exalumna do centro, Sara Vila Alonso, gaña o premio ILLA NOVA de narrativa

Desde o IES Pazo da Mercé queremos parabenizar á nosa exalumna, Sara Vila Alonso, por se facer co premio Illa Nova de narrativa pola súa obra Oito días sen Eva Cortés. A obra relata como a xornalista Antía Ubeira, reincorporada despois das súas vacacións, recibe o encargo de cubrir a desaparición dunha moza da súa cidade, Pontevedra. Esta historia levará á xornalista a realizar unha profunda reflexión sobre a súa propia vida.

Unha obra moi interesante que formará parte das nosas lecturas de verán.

Distribuir contido


by Dr. Radut