Concurso Palabras de Amor

Co gallo do día de San Valentín o equipo da biblioteca organiza un concurso de palabras de amor. A data limite de entrega das cartas ou notas de amor é o venres 10 de febreiro. Pica na imaxe para coñecer toda a información polo miúdo.

Non o dubides. Participa!!!!

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).

Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo.

Alumnado visitando a colección Carlos Casares

Exames pendentes 2ª avaliación 17/18

As datas das probas de pendentes desta 2ª avaliación son as que se indican:

O noso centro é seleccionado nunha nova convocatoria do programa Erasmus+

O proxecto de consolidación da internacionalización dos ciclos de formación profesional impartidos no centro, vén de ser aprobado dentro do programa Erasmus+.

Con este novo proxecto, que abrangue de xaneiro de 2017 ata xuño do 2018, alumnado do ciclo de FP de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e FP básica de Informática de Oficina, realizará prácticas en empresas da República Checa (Praga), Irlanda (Cork) e Portugal (Braga), á vez que tres profesores do Departamento de Informática realizarán estadías en empresas na República Checa e Irlanda.

Na páxina web de Erasmus+ pódese ver a información deste proxecto, dotado cunha contía total de 24.533€ de fondos da Unión Europea.

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2017

Os prazos de inscrición para as probas de acceso segundo a modalidade son:

Distribuir contido