FP BÁSICA. INFORMÁTICA DE OFICINA

31/08/2016 15:56
Europe/Madrid

Formación Profesional Básica de Informática de Oficina.

Número de prazas no IES Pazo da Mercé: 20

Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro no propio IES Pazo da Mercé. Para iso deberase presentar o Anexo I da Orde do 13 de xuño de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso á admisión nestas ensinanzas, á que podes acceder directamente premendo sobre a orde. De tpdos os xeito, poderanse recoller os impresos no propio centro.

Normativa relativa á Formación Profesional Básica: toda a normativa relativa á FP Básica pódese consultar na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeritaria. Pode acceder a ela premento neste enlace: FP Básica.

 

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Achégase a listaxe dos libros de texto das diferentes materias para o vindeiro curso académico 2016-2017.

 

Cómpre ter en conta que:

  • Só se deben comprar os libros da materias optativas cando estea confirmada a matrícula.
  • O alumnado exento de 2ª lingua estranxiera non debe mercar os libros.
  • Os libros dependen das escollas realizadas en 3º e 4º ESO así como en Bacharelato.

 O día 20 de xullo incorporáronse os libros de Valores éticos de 2º e 4º ESO e mais os de Filosofía, Antropoloxía, Psicoloxía e Historia da Filosofía, dependentes do Departamento de Filosofía.

AULAS EXAMES SETEMBRO

Achégase a información sobre as aulas en que terán lugar os exames de setembro

Concurso público para a adxudicación da cafetaría do IES

08/07/2016 10:04
Europe/Madrid

Achéganse as bases para a adxudicación do CAFETARÍA do IES Pazo da Mercé de acordo coa Instrución 4/2016 emitida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Setembro

Tódolos e tódalas docentes deixaron os traballos para a recuperación de materias en conserxería.

Ademais, podedes descargar desta páxina o material para Inglés 1º da ESO e Inglés 2º da ESO e para Cidadanía e Educación en Valores.

O calendario de exames de setembro podedes consultalo no seguinte enlace.

Así mesmo, podedes consultar as aulas en que se realizarán os distintos exames no seguinte enlace.

O calendario xeral de setembro é:

Distribuir contido