Celebramos o magosto

Imaxe do magosto

Sorteando as inclemencias do tempo, finalmente celebramos  o magosto. Ademais da degustación das castañas, preparadas nesta ocasión polos afamados mestres asadores Calía e Inacio as alumnas e alumnos participaron nas cucañas e contemplaron as presentacións que Agustín realizou co alumnado de 1º de ESO.

Alumnos no magostoAlumnos no magosto

E neste día no que no centro celebrabamos esta tradición falecia Leonard Cohen....unha gran perda!!!!

Magosto

Tras a suspensión do magosto a pasada semana por mor da choiva, este venres 11 volveremos tentar que se celebre esta tradición da nosa terra.

Permaneceremos atentos ao tempo e se a meteoroloxía o permite nas dúas últimas sesións da mañá degustaremos as castañas e participaremos nas cucañas.

Animádevos!!!

 

A crise dos refuxiados

Co fin de profundizar na exposición "Éxodus" que estes día podedes ver en Usos Múltiples, hoxe celebrouse un acto no que participaron tres testemuñas do drama dos refuxiados que chegan a Europa.

Datas exames pendentes. 1ª avaliación 17/18

As datas dos exames das materias pendentes para a 1ª avaliación pódense consultar premendo no seguinte arquivo.

Inauguración da exposición "EXODUS. Na procura do refuxio"

O noso instituto acolle durante esta semana a exposición "Éxodus. Na procura do refuxio", organizada pola Deputación de Pontevedra e en colaboración co Concello das Neves.

Inauguración da exposición EXODUSInauguración da exposición EXODUS

Distribuir contido