O 25 novembro o noso IES participou nunha cadea humana dos tres centros educativos das Neves

 

O 25 de novembro, o alumnado do IES Pazo da Mercé xunto con da EFA A Cancela e o do CEIP Marquesa do Pazo uníronse nunha cadea humana para reivindicar a eliminación da violencia machista.

O acto rematou na praza do Concello, onde se deu lectura a o Manifesto contra a violencia de xénero, escrito polo alumno Daniel Duque Puga de 2º de Bacharelato.

O IES Pazo da Mercé participa no Programa PIALE en Lingua Portuguesa

A profesora Amparo Cereixo Silva participou nos itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua portuguesa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE).

Este itinerario intensivo tivo lugar durante o mes de outubro, principalmente na Escola Josefa de Óbidos, en Lisboa. Nel tratouse de revitalizar e potenciar contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos, promover o avance na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior e ter a ocasión de aplicar no propio contexto todo o adquirido, fomentando o carácter cooperativo entre as persoas participantes.

Máis información sobre o programa PIALE aquí.

Máis información sobre a actividade do PIALE 2015 en lingua portuguesa neste enlace.

Escola Josefa de Óbidos, Lisboa

Programa Diana

O noso centro participa no programa Diana, dentro do proxecto educativo Donas de si. Podedes consultar máis información deste proxecto neste enlace.

O IES PAZO DA MERCÉ EN GALICIENCIA

O IES PAZO DA MERCÉ EN GALICIENCIA

Alumnos do IES Pazo da Mercé participan en Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt). Celébrase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18,19 e 20 de novembro.

Ana Domínguez Rodríguez e Miguel Rodríguez Giráldez, alumnos de 2º de Bacharelato, expoñen un proxecto de investigación e innovación sobre o río Miño, acompañados pola súa profesora de Física e Química, Nuria López Rodríguez.

 

 

Escolas Unesco

Nós, como membro das Escolas Unesco, estamos o 24 outubro de 2015 de festa: celebramos o 70 aniversario da creación da ONU. Nos seguintes enlaces podedes consultar diferentes documentacións sobre esta efeméride, incluída unha mensaxe do Secretario da ONU en yogote e en 16 linguas:

http://regau.blogspot.com.es/2015/10/preambulo-carta-europa-das-nacions.html

Distribuir contido