Programa de intercambio Burela-Poussan

Intercambio 2012 Burela-Poussan

Intercambio Burela-Poussan do 29 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2012 no que participan 25 alumnos e 3 profesores.

Chegada a Burela o domingo 29 de xaneiro

Luns 30:Recpeción no instituto e no Concello de Burela. Visita a fábrica de cerámica de Sargadelos e a Mondoñedo.

 

Recepción no Concello de Burela

 

Dous alumnos franceses e unha profesora foron entrevistados en Radio Burela durante a súa estancia en Burela. (Escoitar arquivo adxunto)

Intercambio 2011 Burela Poussan

Os alumnos/as de Poussan xa están entre nos. Hoxe ás 4 da tarde chegaron a Burela despois dunha longa viaxe en autocar. Convivirán cos alumnos/as do Monte Castelo ata o venres
  1º DÍA. Recepción no instituto. Visita a Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Visita à praia das catedrais e pola tarde, talleres de reciclaxe de papel, de elaboración de marcapáxinas e de vocabulario francés-castelán
 

Intercambio Burela-Poussan 2010

INTERCAMBIO BURELA-POUSSAN
Do 20 ó 27 de Marzo alumnos/as de francés de 3º e 4º ESO visitaron a
vila de Poussan (sur de Francia) e conviviron cos seus
"correspondants/correspondantes" e as súas familias

PROGRAMACIÓN INTERCAMBIO

 
     
 
 
 
 
   
     
     

O intercambio 2008-09 en imaxes

Sorry, flash is not available.

Actuación no Espectáculo COMMENIUS celebrado en Poussan durante o intercambio

Sorry, flash is not available.

Xº aniversario do Intercambio 2000/2009

Dez anos de intercambio. Dez anos de compartir vivencias e ilusións.

Case  400 alumnos/as de ambos centros
educativos participaron ó longo destes anos na experiencia de convivir durante
algo máis dunha semana cunha familia que non é a súa, de achegarse a unha
cultura diferente, a unha lingua distinta, de descubrir outras realidades e de
amosar a súa propia.

Dez anos tamén de traballo para os profesores/as dos dous centros que
participaron non só directamente na viaxe acompañando ós alumnos/as senón tamén
preparando e realizando actividades nos propios centros.

En definitiva dez anos de contacto, dez anos de comunicación e de
entendemento que proporcionan ós nosos alumnos/as a oportunidade de abrirse ó
mundo e de formarse como cidadáns europeos.

INTERCAMBIO BURELA-POUSSAN 2007-08

Os nosos alumnos de francés de 3º e 4º da ESO conviviron durante uns días cos seus "correspondants" franceses e coas suas familias o que supuxo para eles a necesidade de empregar con asiduidade a lingua francesa. Ademáis, visitaron e coñeceron a rexión onde se encontra a vila de Poussan e participaron en numerosas actividades deportivas e pedagóxicas; deste xeito descubriron as vilas medievais de Carcassonne e Aïgues Mortes mediante un xogo de pistas; fixeron actividades no acuario de Montpellier e asistiron á explicación dun profesor francés sobre as orixes desta importante vila do sur de Francia. Tamén visitaron as vilas medievais de St. Guilhem le Désert e Pézénas; asistiron a un pequeno curso de xeoloxía nas grotas de Clamouse,

Tamén participaron en actividades deportivas na praia de Balaruc facendo equipos cos alumnos franceses e finalmente tiveron un taller de lingua francesa para facer balance da experiencia e encontrar os aspectos positivos e as cousas que deben mellorar neste tipo de intercambios.

Polo tanto, a estancia en Poussan supuxo unha boa experiencia porque ademáis de poñer en práctica e mellorar os seus coñecementos de lingua francesa, viviron unha realidade cultural diferente e sobre todo fixeron un montón de amigos.

Agora podedes ver o video do intercambio

1º Parte

2º Parte

Os intercambios Burela-Poussan

Dende hai varios anos o IES Monte Castelo de Burela e o Collège Via Domitia de Poussan (Francia) veñen realizando un intercambio de alumnos. Deste xeito os rapaces de Burela teñen a posibilidade de vivir a realidade dunha familia francesa durante algúns días. Evidentemente o obxectivo principal é o lingüístico: como estudantes de francés segunda lingua estranxeira disfrutan dun contexto de lingua auténtica do que poden aprender moitas máis cosas que nunha clase normal porque están afrontando unha situación real de comunicación.

Máis por otro lado cremos que se trata dunha vivencia moi enriquecedora porque van estar inmersos dentro dunha cultura distinta aínda que haxa moitos puntos en común.

En definitiva trátase de que os rapaces perdan o medo ó que é distinto, que o valoren e que se den conta de que as experiencias novas os enriquecen como persoas.

 

 

 

   
   

Distribuir contido