Os intercambios Burela-Poussan

Dende hai varios anos o IES Monte Castelo de Burela e o Collège Via Domitia de Poussan (Francia) veñen realizando un intercambio de alumnos. Deste xeito os rapaces de Burela teñen a posibilidade de vivir a realidade dunha familia francesa durante algúns días. Evidentemente o obxectivo principal é o lingüístico: como estudantes de francés segunda lingua estranxeira disfrutan dun contexto de lingua auténtica do que poden aprender moitas máis cosas que nunha clase normal porque están afrontando unha situación real de comunicación.

Máis por otro lado cremos que se trata dunha vivencia moi enriquecedora porque van estar inmersos dentro dunha cultura distinta aínda que haxa moitos puntos en común.

En definitiva trátase de que os rapaces perdan o medo ó que é distinto, que o valoren e que se den conta de que as experiencias novas os enriquecen como persoas.