Xº aniversario do Intercambio 2000/2009

Dez anos de intercambio. Dez anos de compartir vivencias e ilusións.

Case  400 alumnos/as de ambos centros
educativos participaron ó longo destes anos na experiencia de convivir durante
algo máis dunha semana cunha familia que non é a súa, de achegarse a unha
cultura diferente, a unha lingua distinta, de descubrir outras realidades e de
amosar a súa propia.

Dez anos tamén de traballo para os profesores/as dos dous centros que
participaron non só directamente na viaxe acompañando ós alumnos/as senón tamén
preparando e realizando actividades nos propios centros.

En definitiva dez anos de contacto, dez anos de comunicación e de
entendemento que proporcionan ós nosos alumnos/as a oportunidade de abrirse ó
mundo e de formarse como cidadáns europeos.