O IES DE MELIDE NA TVG

Este sábado-25 ás 12:30 no programa A REVISTA poderemos ver unha gravación feita no noso instituto sobre o xogo popular e tradicional.

DI K NON

O pasado martes-14 de xaneiro tivo lugar no noso IES o III OBRADOIRO para a prevención de consumo de droga en adolescentes, DI K NON , que á Unidade Terapéutica Educativa  do Centro Penitenciario de Teixeiro en colaboración coa Fundación Barrié, está a desenvolver durante este curso en varios centros de Galicia.

Varios profesores da UT e ós propios internos do centro de Teixeiro en base s súas experiencias e testemuñas deron a coñecer a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, en procura dun aprendizaxe que nos axude a aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc.

O alumnado que asistiu ó acto foi o de 4º da ESO, o que cursa Antropoloxía en 1º BAC e o matriculado en Ética e Filosofía do Dereito en 2º de BAC.


O próximo martes-21 terá lugar  segunda parte do obradoiro que se celebrará nas instalación do propio centro penitenciario.

FELICES VACACIÓNS

O alumnado do IES de MELIDE despide o trimestre con una proxección de cinefórum, un debate sobre sexismo, una cata de queixo Arzúa-Ulloa, xogos de mesa, xogos deportivos, karaoke e un obradoiro de coiro e corda.

VÉMONOS O XOVES-9 DE XANEIRO

Que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, perseveranza para seguir adiante, e valentía para superar sempre os vosos límites...

FELICES VACACIÓNS!

COMUNICADO

         Despois de ter coñecemento da venda de rifas para o sorteo dunha cesta de Nadal co fin de sufragar unha actividade extrescolar e en cuxas cabeceiras aparece o nome do IES de Melide, comunícase que nin a dirección do mesmo nin o profesorado responsable da organización e celebración da actividade emitiron autorización algunha para a elaboración dos boletos, polo que o IES de Melide non ten responsabilidade algunha e, por tanto, non asumirá ningún compromiso cos posibles compradores no que respecta a hipotéticos premios derivados do sorteo.

         Asemade, esta dirección, en representación do Consello Escolar, órgano colexiado de representación e goberno do IES de Melide, resérvase o dereito de emprender todas as actuacións que estime oportunas a fin de garantir o bo nome da institución.

Melide a 18 de decembro de 2013.

A dirección

Charla sobre software libre

O alumnado que cursa informática en 4º de ESO recibiu o pasado mércores unha charla sobre o software libre impartida por Rafa Gaioso, presidente da asociación de sofware libre de Melide (MELISA). Este xa é o terceiro ano que se desenvolve esta actividade e preténdese continuala en cursos vindeiros xa que non todas as vilas (agás Melide) dispoñen dunha asociación deste tipo.

HOMENAXE A CORA E A PATRICIA

O IES DE MELIDE RINDE HOMENXE a CORA AYUDE PALLAS (2ºBAC A) e a PATRICIA LÓPEZ ANDRÉS (2º ESO C) polos éxitos acadados (1º posto nas modalidades de Semi contac e de Light contac) no CAMPIONATO DO MUNDO de Kick Boxing celebrado en Carrara (Italia) a pasada fin de semana.

ISTO NO IES VIDA - SAMAÍN 2013

ENTRADA DE CINE Con motivo da celebración do Samaín e do tema elixido polo equipo de Bibliomelide para enfocar as actividades deste curso,"Un ano de película", os corredores do IES de MELIDE transformáronse en estudos cinematográficos... O alumnado de 2º de ESO quixo sorprender ós seus compañeiros de pupitre coa interpretación de cinco esceas de cine: A nena do Exorcista, The Ring, O Corredor da Morte, Cazapantasmas e The Gosths.

ENTRADA DE CINE - Samaín 2013

No IES de melide o Samaín comeza este venres-25.

4 de novembro - Día da ciencia en galego

 

Durante esta viindeira semana estarán expostos unha serie de varios cartaces que tratan de poñer de manifesto a estreita relación que sempre existiu e existirá entre a arte e a ciencia.

LIBROS DE TEXTO

Adxúntase no seguinte enlace a relación de libros de texto para o vindeiro curso.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido