You are herecontent / DI K NON

DI K NON


O pasado martes-14 de xaneiro tivo lugar no noso IES o III OBRADOIRO para a prevención de consumo de droga en adolescentes, DI K NON , que á Unidade Terapéutica Educativa  do Centro Penitenciario de Teixeiro en colaboración coa Fundación Barrié, está a desenvolver durante este curso en varios centros de Galicia.

Varios profesores da UT e ós propios internos do centro de Teixeiro en base s súas experiencias e testemuñas deron a coñecer a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, en procura dun aprendizaxe que nos axude a aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc.

O alumnado que asistiu ó acto foi o de 4º da ESO, o que cursa Antropoloxía en 1º BAC e o matriculado en Ética e Filosofía do Dereito en 2º de BAC.


O próximo martes-21 terá lugar  segunda parte do obradoiro que se celebrará nas instalación do propio centro penitenciario.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido