ENTREGA DE PREMIOS PARLAMENTO XOVE 2014

María González  Vázquez (1º de BAC-B do IES de Melide) foi seleccionada como unha das mellores oradoras da competición. Na foto posa xunto ó resto de premiados e a deputada do Parlamento de Galicia Marisol Soneira.

Parabéns,

a Dirección do IES de Melide

OLLOS DE AULA

Xa temos a nosa disposición o nº 20 desta revista que edita a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

Ollos de aula. Nº 20 by cendl

CHARLAS SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

Nicolás González Casares,-enfermeiro do servizo de urxencias da UVI móbil de Pontevedra-, está a impartir no noso centro sesións de primeiros auxilios ó alumnado de 4º ESO, de 1º Bacharelato , de 1º e 2º do Ciclo de Madeira,  do PCPI-1 e  ó profesorado.

 

MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

De novo un ano máis o departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Europea de Física e o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), organizou unha xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de Bacharelato. Nesta nova edición participaron as 4 alumnas que cursan a asignatura de física en 2º de BAC acompañadas do profesor de física. A actividade consistiu na asistencia a dúas conferencias pola mañá e a realización dunha práctica con ordenadores sobre a detección de partículas nos experimentos que se levan a cabo no CERN. Unha vez rematada a práctica tivo lugar unha posta en común mediante videoconferencia con outros dous centros de investigación procedentes de Alemania e Polonia e nos que participaba tamén alumnado de Bac realizando a mesma experiencia.

 

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe venres-7 de maio conmemoramos no noso IES o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.

EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE MELIDE TIVEMOS SESIÓNS DE CONTATOCONTOS PARA O ALUMNADO DA ESO

Teresa Grau López abordou en cada historia aspectos coeducativos esenciais para que o noso alumnado faga una profunda reflexión sobre como debe ser una convivencia en igualdade.

O FESTIVAL DO ENTROIDO EN 13 MINUTOS

Resumo do acontecido o día 27 de febreiro no noso IES.

OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

O pasado 18 de Febreiro Rocío Mellid Carballal e Cristina García Bande (de 1º de Bacharelato) e Adrián Mourazos Asorey e Lucía Pampín Sande (de 4º de ESO), acompañados polo profesor Xosé Luís Castro Blanco, representamos ó IES de MELIDE na 5ª Olimpíada de Xeoloxía (fase galega) celebrada en diversas localidades de Galicia. A proba acolleu arredor de 300 alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, dos cales 50 fixeron a proba na Escola Politécnica Superior de Lugo.

A pesar dos grandes resultados acadados na proba, non foi posible pasar a fase estatal; as tres persoas que pasaron cursaban 2º de Bacharelato no I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago.

Animamos a que no vindeiro ano máis alumnado do noso centro vaian representar a Melide e poidan gozar dunha xornada diferente.

O alumnado participante

Grazas polo voso esforzo e noraboa a todos/as…

A Dirección

MELLOR ORADORA DO PARLAMENTO XOVE 2014

O equipo que acudiu á 5ª edición do Parlamento Xove en representación do noso Instituto, non conseguiu pasar á final, a pesares dos seus brillantes resultados, reflectidos nunhas puntuacións equiparables ás dos equipos que si o fixeron.

Ademais, regresaron coa satisfacción de ter entre eles a mellor oradora desta edición,  María González Vázquez.

O resto dos componente do Equipo do IES de MELIDE foron: Uxía Ferreiro Vilariño, Pablo Vilasante González, Adrian Prieto de Dios, coordinados pola profesora María Dolores Vázquez García.

PARTICIPACIÓN NO "PARLAMENTO XOVE"

Este venres-14 e sábado-15 de febreiro, alumnos de Bacharelato procedentes de 24 centros educativos de toda Galicia  reuniranse no edificio da Deputación da Coruña para debater. A temática elixida é o “sexismo” na xuventude e os debates preliminares xirarán en torno á seguinte pregunta: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais...

O equipo que representa ao IES de Melide está conformado por Uxía Ferreiro Vilariño, Pablo Vilasante González, Adrian Prieto de Dios e María González Vázquez; coordinados pola profesora María Dolores Vázquez García (Dep. Filosofía).

Máis información http://www.parlamentoxove.com/
Parlamento Xove trátase dunha competición organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar) na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. Realizarase en dúas grandes fases: unha clasificatoria con debates provinciais da que xurdirán oito equipos gañadores que se enfrontarán nunha segunda fase: a final. Paralelamente a elo, os equipos entregarán dossieres de investigación que contarán cun premio especial ao mellor documento. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido