ASÍ VIVIMOS A CARREIRA SOLIDARIA 2014 - SAVE THE CHILDREN

Unha carreira de sentimentos para percorrer entre todos os 2.800 quilómetros simbólicos que nos separan de MALÍ. www.iesaudemelide.es

XI CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN" POR MALÍ

O día 20 de novembro, -Día Internacional dos dereitos do Nen@-, faremos no pátio a 3ª hora para o alumnado de 1º e 2º de ESO a XI CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. O resto do alumnado pode participar nalgunha das clases de educación física da semana do 17 ao 21 de novembro.

Máis información en: por el@s e por nos…, iesaudemelide.es cos máis desfavorecidos.

POXA DE MOBLES 2014 - CICLO DE CARPINTERÍA

O 19 de novembro ás 18:15 pasa polo noso IES para levar un moble con deseño, de calidade e a bo prezo; feito polo alumnado do Ciclo de Carpintería. 

SORTEO DUN MOBLE ENTRE OS ASISTENTES.

Podes ver os mobles na web do ciclo clicando en:  http://madeiramelide.weebly.com

10 edición do DÍA DO PEÓN no IES de MELIDE

Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón. 

O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…

Coa lectura dun pequeño manifestó comezará o acto no recreo do martes-11 no noso IES, no que coa colaboración da AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) intentaremos batir un reto: 100 trompos bailando ó mesmo tempo. Haberá tamén concursos de habilidades coa buxaina e de decoración dos peóns.

A convocatoria da décima edición do Día do Peón, no que se espera que máis de 10.000 nenos e nenas galegas disfruten simultanemente desde xogo está realizada por Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional.

Estades invitad@s a participar.

FILME REALIZADO POLO NOSO ALUMNADO E PROFESORADO QUE PARTICIPOU NO MARCO DE EXPERIENCIAS CINE EN CURSO, UN PROGRAMA DA "BAO A QU" QUE EN GALICIA SE DESENVOLVE CO CGAI-CENTRO GALEGO DE ARTES DE IMAXE NO MARCO DO PLAN PROXECTA

Samaín 2014

 


UN ANO MÁIS CELEBRAMOS NO NOSO IES O SAMAÍN.

DUAS HORAS" TERRORÍFICAS" NAS QUE OS ALUMNOS PUIDERON ELEXIR ENTRE O VISIONADO DUNHA PELÍCULA DE TERROR OU PARTICIPAR NUNHA XINCANA.

TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CUNHA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLOS ALUMNOS DE 1º BAC DE ANTROPOLOXÍA, UN CONTALENDAS QUE FIXO AS LEDICIAS DOS ASISTENTES.

NON FALTARON NO PATIO AS CASTAÑAS, ASADAS Ó MÁIS PURO ESTILO TRADICIONAL.

ENTREGAMOS 3 PREMIOS MOI MERECIDOS:

1. PREMIO Á MELLOR CALABAZA.

2. PREMIO Á MELLOR PASTELERÍA DO TERROR.

3. PREMIO Ó MELLOR GRUPO( POR MAIOR PUNTUACIÓN E MENOR TEMPO) QUE PARTICIPOU NA XINCANA.

DENDE A DIRECCIÓN QUEREMOS AGRADECERVOS A TOD@S A VOSA IMPLICACIÓN E TRABALLO.

 

Parabéns ós gañadores!!!!!!!!!!!!!!!!

Vémonos o vindeiro ano con máis e mellores ideas.

THINGS GO BETTER WITH BREAKFAST

Como colofón ao traballo realizado nas clases de educación física, inglés e matemáticas, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO compartiu almorzo no pavillón de deportes do IES de MELIDE.

Baixo un formato que convidaba á lectura dun discurso persoal elaborado por cada quen para a ocasión, sobre as bondades dun almorzo saudable, o alumnado cargou de alimentos a súa mochila e participou ademáis nun concurso no que se xogaba, nin máis nin menos, o bocadillo do recreo.

Por grupos de clase contestaron a cinco preguntas formuladas en inglés sobre as consígnas básicas para elaborar un bo almorzo: variado, equilibrado, suficiente, seguro e agradable.

Deixámosvos unhas imaxes da actividade…

Visita o noso blog  www.iesaudemelide.es

Os días 6 e 7 de outubro, recibimos aos socios europeos do proxecto Leonardo

 

Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea

Wood Constructions and Energy Efficiency

cooling with plants – insulation materials – wood protection – measuring and monitoring

Os días 6 e 7 de outubro, recibimos aos socios europeos do proxecto Leonardo que está a desenvolver o Departamento de Madeira do IES. Teremos outros invitados como expertos e compañeiros de centros de FP interesados no tema.

Están previstos diversos encontros, reunións e visitas e tamén os traballos de construcción dun teito verde sobre o contenedor.

 

 Departamento de Madeira. IES de MELIDE

..

.

PASAMENTO DE XAQUÍN YEBRA-PIMENTEL

O domingo 27 de xullo deixounos Xaquín Yebra-Pimentel, profesor de Xeografía e Historia do IES de Melide. Somos moitos os alumnos, alumnas, profesoras e profesores, persoal non docente, pais, nais.... que non tivemos tempo para agradecerlle o moito que nos deu todos estes anos no IES de Melide.

A perda de Xaquín déixanos algo orfa a toda a comunidade escolar pola súa calidade humana. Pero ademais Xaquín era un home xeneroso coa súa inmensa cultura, achegándanos mundos descoñecidos cada vez que a cada un de nós nos traía un libro, un fermoso texto ou un obxecto marabilloso das súas coleccións de arte. Sen dúbida el era un deses homes xustos a quen dedica Jorge Luis Borges o seu poema:


Un hombre que cultiva un jardín, como quería Voltaire.
El que agradece que en la tierra haya música.
El que descubre con placer una etimología.
Dos empleados que en un café del Sur juegan un silencioso ajedrez.
El ceramista que premedita un color y una forma.
Un tipógrafo que compone bien esta página, que tal vez no le agrada
Una mujer y un hombre que leen los tercetos finales de cierto canto.
El que acaricia a un animal dormido.
El que justifica o quiere justificar un mal que le han hecho.
El que agradece que en la tierra haya Stevenson.
El que prefiere que los otros tengan razón.
Esas personas, que se ignoran, están salvando el mundo.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido