Descubrindo ás Detectives do Cancro
Con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 1º de bacharelato participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e coordinada por Marisol Soengas, que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’.
A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir directamente quen é unha das “detectives do cancro”: a científica Sofía Mendes, que actualmente dedica a súa investigación á nanotecnoloxía para o cancro de páncreas. Descubriron dende a aula como é esta muller que investiga para facer fronte a esta enfermidade, como orientou a súa carreira e como chegou a ser unhas das grandes investigadoras no seu campo.
Coa participación nesta actividade, visibilizamos a labor das mulleres investigadoras e fomentamos novas vocacións científicas, animando ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia. Unímonos así a mensaxe: "elas poden, ti podes".
Adxunto | Tamaño |
---|---|
aseica_científica_azul.pdf | 290.65 KB |
IMG_2294.jpg | 1.82 MB |
IMG_2293.jpg | 1.63 MB |
IMG_2290.PNG | 1.09 MB |
IMG_2295.jpg | 1.65 MB |
IMG_2296.jpg | 1.41 MB |
IMG_2297.jpg | 1.24 MB |