Inicio do proceso de admisión de alumnado para o curso 2017-2018

Aberto o proceso de admisión para o alumnado de centros públicos e privados non universitarios que desexen reservar praza para o curso 2016-2017 nos centros de primaria e secundaria da nosa comunidade.

Os prazos son os seguintes:

a) Reserva interna para centros adscritos e alumnado que non cambien de centro: 1 a 15 de febreiro

b) Admisión de alumnado que desexe cambiar de centro ou incorporarse a un centro non adscrito: 1 a 20 de marzo

A novidade deste ano consiste na nova aplicación que se vai a empregar para este proceso: "admisión de alumnado". Desde esa aplicación se pode realizar a petición da seguinte maneira:

1º.- Electrónicamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado para os que posúan DNI electrónico ou similar.

2º.- Descargar o impreso cuberto da aplicación e presentar a solicitude no centro de 1ª opción.

3º.- Descargar o impreso da 1ª páxina da aplicación , cubrilo manualmente e presentar a solicitude no centro de 1ª opción

Para acudir a aplicación premer neste enlace:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Lexislación:

Vacantes 2016-2017

Prazos e normativa

Orde do 12 de marzo de 2013

Decreto 254/2012

Orde do 25 de xaneiro de 2017

De todo o proceso terán información neste mesmo apartado.