Un lugar para a esperanza

Manolo Rivas

Este é o texto que Manolo Rivas difundiu no seu "twitter" logo de nos visitar o 7 de novembro. Unha xornada especial a que vivimos ao seu carón, descubrindo unha xenerosidade falta de ego que encandilou tanto a alumnado como a profesorado.

Foi un día intenso no que non faltou a poesía, a del, nin a música, a nosa. descubrindo a placa que lembra que o noso Salón de Actos leva o seu nome e ao mesmo tempo dando por inaugurado oficialmente o curso escolar 2016-2017.

Queremos expresar o noso agradecemento, porque sabemos que vive a contrarreloxo, agasallándonos cun día enteiro.

No blogue da biblioteca tedes toda a información.

E na galería de fotos podedes velas todas!