Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Intercambio - Échange IES Laxeiro - Lycée Champ-BlancNeste curso 2014-15, 24 alumnos do IES Laxeiro, de 4º ESO e 1º Bacharelato, teñen a oportunidade de participar nun intercambio cun grupo de 22 alumnos do Lycée Champ-Blanc (Le Longeron, Francia). Este é o IX intercambio que desenvolvemos xunto con este centro educativo francés. Neste caso decidimos estudar o tema das nosas lendas e tradicións. Do 21 ao 28 de marzo acollemos en Lalín o grupo francés. Durante esa semana, os alumnos franceses viviron nas casas dos seus compañeiros de intercambio, asistiron a clases no IES Laxeiro e participaron en varias actividades relacionadas co tema central do intercambio. Concretamente, visitamos a nosa vila e coñecemos os seus persoeiros ilustres; fomos á Coruña para traballar sobre as lendas relacionadas coa Torre de Hércules e sobre María Pita; e finalmente entramos en contacto co Camiño de Santiago, percorrendo o tramo que nos leva de Palas de Rei a Melide e visitando a zona vella de Santiago de Compostela. Do 25 de abril ao 03 de maio, tocaralles aos alumnos do IES Laxeiro viaxar a Le Longeron. Tamén residirán nas casas dos compañeiros de intercambio e participarán en diversas actividades organizadas polo Lycée Champ-Blanc: estudarán a dous persoeiros famosos desa zona de Francia, Jules Verne e Barba Azul. Por suposto, terán a oportunidade de visitar as cidades de Nantes, Cholet, Tiffauges... Se vos interesa esta actividade e queredes seguir o seu desenvolvemento, non dubidedes en visitar o sitio web que elaboramos entre todos: https://sites.google.com/site/champblanclaxeiro/echange-2014-2015. » |
Novos números
|