Liñas de traballo no plan TIC

Ao longo deste curso académico vaise redactar o plan de dinamización das tecnoloxías da información e da comunicación. Dende o grupo TIC xa levamos un ano traballando para elaborar o dito plan e algunhas das liñas de actuación que se van a recoller xa se comezaron a desenvolver.

As liñas principais de traballo que se van a contemplar no plan TIC son as seguintes:

  • Incorporación ao proxecto de webs dinámicas da Consellería de Educación. Isto xa foi realizado no curso anterior e neste momento, como podedes comprobar, xa está a páxina web en pleno funcionamento.
  • Mantemento da páxina web do centro e incorporación de novas funcionalidades. Algunhas partes do sitio web (actividades, información académica, etc.) están actualizadas pero aínda queda moito traballo que facer noutros dos bloques da páxina.
  • Potenciar o uso da Aula Virtual. O curso pasado parte do profesorado do grupo TIC  estivo probando a Aula Virtual. Neste curso, xa coa Aula Virtual en funcionamento, intentaremos que se extenda o seu uso a máis profesorado. 
  • Incorporación de ferramentas de control nas aulas de ordenadores. Comezamos na biblioteca instalando o programa Italc e, unha vez pasada a fase de probas,  intentarase extender a iniciativa a outras aulas.
  • Medidas de promoción de software libre. O profesorado de Informática e de Tecnoloxías da Información e da Comunicación xa imparte as súas clases principalmente con ferramentas de software libre. Intentaremos potenciar o seu uso entre o alumnado e o resto de profesorado.
  • Instalación dalgunha rede de terminais lixeiros. Xa temos neste momento creada e funcionando unha pequena rede na aula de Tecnoloxía Industrial.
  • Creación dunha intranet educativa de centro, con recopilación de materiais e espazos de interacción entre o profesorado. Este é o punto menos desenvolvido, de momento estamos a recopilar ligazóns de interese para o profesorado e a utilizar marcadores sociais para organizar a información.