slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Merenda para o 2º premio de Nadal

Onte, o alumnado do grupo de 2º ESO B por fin desfrutou da merecida merenda do segundo premio do concurso de decoración de Nadal.

Degustaron un rico chocolate con doces variados e compartiron risas e moi bos momentos.

Noraboa a todos!

Cata a cegas de "chuches"

En aras da contribución  á prevención dos trastornos de saúde derivados dunha incorrecta alimentación, como cada ano, o Dpto de Bioloxía e Xeoloxía trata o temas de Alimentación e Nutrición con carácter eminentemente práctico, coa idea de conseguir un maior calado e grao de compromiso coas análises de resultados dos traballos realizados e contribuír, deste modo, á modificación dos hábitos culturais adquiridos.

Este curso, o grupo de Alumnos de PDC de 3º ESO  realizaron o obradoiro de CATA A CEGAS DE CHUCHES cuns resultados case que inesperados. Dúas mostras foron as gañadoras: unhas gominolas de regaliz encarnada moi coñecidas por todos e, incriblemente, uns arándanos frescos. Resultaron empatadas para sabor e textura. O informe de resultados tivo que recoller que as primeiras, ademais de ser so caloría baleiras  de azucre, segundo a súa publicidade recoñece abertamente:

“puede tener efectos negativos sobre la actividad y la atención de los niños”

Para reflexionar, verdade?

Os arándanos, pola contra, son un alimento natural, moi agradable pola súa frescura e textura e aportan vitaminas, fibra e minerais.

A considerar, verdade?

Por outra banda, a celebración da cata coincidiu este curso coa estrea dos tan desexados novos tallos de laboratorio: con respaldo e estabilidade. Que felicidade!!!

E, por último, porque non dicilo? AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO¡¡¡

 

Visita da empresa Zirkonzahn

O pasado luns, 4 de marzo, o alumnado do CS de Próteses dentais recibiu a visita de Gioia e Lorenzo, técnicos en Próteses dentais da empresa italiana Zirkonzahn, cuxo fundador, Enrico Steger, é o inventor do Zirkograph, sistema de fresado manual, para elaborar próteses de zirconio. O alumnado puido disfrutar dunha presentación dos cursos de formación postgrado que ofrece Zirkonzhan en Italia así como dunha mostra dos produtos elaborados e os materias empregados nas súas próteses. Finalmente amosáronos o laboratorio móbil de Prótese dental co que están a viaxar por Europa para poder dar a coñecer a súa empresa.

IES LAMAS 8 DE MARZO

Con motivo do 8 M propoñemos sensibilización , formación e acción pola Igualdade, Seguridade e Liberdade das nenas e mulleres de todo o planeta. Poñemos tamén en valor a mulleres de tódolos ámbitos da vida

Visita de Fernando Lalana

Esta mañá os alumnos de 3º ESO recibiron a visita de Fernando Lalana, autor dunha das novelas propostas neste curso; o escritor falounos da su traxectoria literaria e contestou ás curiosas preguntas dos nosos alumnos, concretamente sobre a novela Escartín en Lima.

Fernando Lalana naceu en Zaragoza no 1958. Tras estudar Dereito, encamiñou os seus pasos cara a literatura, que se converteu na súa primeira e única profesión. Dende aquela, Fernando Lalana publicou máis de cen libros de literatura infantil e xuvenil. Gañou en tres ocasións o Premio Gran Angular de novela. No 1990 recibiu a Mención de Honra do Premio Lazarillo, o Premio Barco de Vapor e no 1993, o Premio da Feira do Libro de Almería, que concede a Junta de Andalucía. No 1991, o Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, premio do que xa fora finalista en 1985 e volvería selo no 1997. No 2007, La Tuneladora formou parte da Lista de Honra White Ravens. No 2010, Fernando obtivo o Premio Cervantes Chico e no 2012 o Premio Edebé. Fernando Lalana vive en Zaragoza, sobre as pedras que habitaron os romanos de Cesaraugusta e os musulmáns de Medina Albaida. É dicir, no Casco Vello. 

MESA INFORMATIVA DOAZÓN MEDULA ÓSEA

Mesa informativa no IES Lamas de Abade sobre doazón de medula ósea a cargo da responsable da área do ADOS

CHARLA: "OS ANTIBIÓTICOS, SOLUCIÓN OU PROBLEMA"

O alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio Clínico e Biomédico e o do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia asistiu a unha excelente e amena charla da doctora en Enxenería Química da USC MARTA CARBALLA ARCOS: "Os antibiòticos, soluciòn ou problema" 

Charla de Xavier Aldekoa: “Cobalto, a febre do ouro azul”

 

Xabier Aldekoa no momento da súa presentación

Este ano, a  X Feira de minerais de Área Central acolleu a case unha trintena de expositores con preciosas e únicas pezas. E os nosos alumnos de cuarto de ESO de Lamas de Abade non deixan nunca de visitala.

Debido ó seu carácter altamente didáctico, a feira complétase con exposicións, obradoiros e charlas dirixidas ó público escolar. Máis de 800 estudantes de centros escolares de toda Galicia acoden  a Área Central para visitar a feira e formar parte das actividades complementarias, como obradoiros de identificación de minerais, bateo de ouro, fósiles e mineraloxía.

O periodista de La Vanguardia, Xavier Aldekoa, impartiu unha charla para o público escolar. Baixo o título “Cobalto, a febre do ouro azul” Aldekoa explicou como no sueste do Congo, as grandes firmas internacionais e os mineiros artesanais disputan unha batalla desigual polo cobalto, mineral chave para a fabricación das baterías dos coches eléctricos. Despois de navegar polo rio Congo e visitar varias minas da rexión, o escritor e reporteiro especializado en África fíxonos tremer ó contármonos a súa experiencia sobre o terreo e falounos sobre o espolio que se produce no corazón de África. En ningún momento se sentiu falar nada, nin baixiño, e había uns douscentos rapaces naquel momento. Realmente estremecedor.

Aldekoa é o  corresponsable en África de La Vanguardia, cofundador da Revista 5W e colaborador de National Geographic, GEO, Gatopardo o SER, entre outros medios, é autor dos libros Océano África, Hijos del Nilo, Indestructibles e Quijote no Congo (Editorial Península).

Nós chegamos de primeiros e puidemos escoller o mellor sitio

Para poder celebrar esta feira, a organización conta ademais coa colaboración do Departamento de Educación do Concello de Santiago, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo, o Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, o Museo de Historia Natural de Santiago e a Mina Consuelo de A Pontenova.

Charlas na Biblio

ENTROIDO ERASMUS

O alumnado que participa en mobilidades Erasmus+,intercambiaron información sobre o Entroido galego e outras tradicións similares nos países de acollida. No rincón E+, podedes ver unha exposición sobre estas festividades carnavalescas en Lituania, Chequia e Rumanía.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer