INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Charla de Xavier Aldekoa: “Cobalto, a febre do ouro azul”

 

Xabier Aldekoa no momento da súa presentación

Este ano, a  X Feira de minerais de Área Central acolleu a case unha trintena de expositores con preciosas e únicas pezas. E os nosos alumnos de cuarto de ESO de Lamas de Abade non deixan nunca de visitala.

Debido ó seu carácter altamente didáctico, a feira complétase con exposicións, obradoiros e charlas dirixidas ó público escolar. Máis de 800 estudantes de centros escolares de toda Galicia acoden  a Área Central para visitar a feira e formar parte das actividades complementarias, como obradoiros de identificación de minerais, bateo de ouro, fósiles e mineraloxía.

O periodista de La Vanguardia, Xavier Aldekoa, impartiu unha charla para o público escolar. Baixo o título “Cobalto, a febre do ouro azul” Aldekoa explicou como no sueste do Congo, as grandes firmas internacionais e os mineiros artesanais disputan unha batalla desigual polo cobalto, mineral chave para a fabricación das baterías dos coches eléctricos. Despois de navegar polo rio Congo e visitar varias minas da rexión, o escritor e reporteiro especializado en África fíxonos tremer ó contármonos a súa experiencia sobre o terreo e falounos sobre o espolio que se produce no corazón de África. En ningún momento se sentiu falar nada, nin baixiño, e había uns douscentos rapaces naquel momento. Realmente estremecedor.

Aldekoa é o  corresponsable en África de La Vanguardia, cofundador da Revista 5W e colaborador de National Geographic, GEO, Gatopardo o SER, entre outros medios, é autor dos libros Océano África, Hijos del Nilo, Indestructibles e Quijote no Congo (Editorial Península).

Nós chegamos de primeiros e puidemos escoller o mellor sitio

Para poder celebrar esta feira, a organización conta ademais coa colaboración do Departamento de Educación do Concello de Santiago, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo, o Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego, o Museo de Historia Natural de Santiago e a Mina Consuelo de A Pontenova.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer