Skip to Content

Fondolibros

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO 21-22

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO
EMPRESTADOS NESTE CURSO 21-22

    Segundo a normativa en vigor, todo o alumnado que recibise libros de texto do Fondo solidario 21-22 deberá telos devoltos con data límite de 22 de xuño de 2022.
   Co fin de cumplir este prazo, desde a secretaría do centro adicaranse dous días para efectuar a devolución seguindo o calendario e o procedemento aquí publicado.

 

CALENDARIO DE DEVOLUCIÓN
DOS LIBROS DE TEXTO

A. ALUMNADO DE 1º e 3º ESO

      1º ESO      

   Con excepción do alumnado que sexa avisado para a
   devolución
de libros concretos, non se recollerán os libros
   por non ser necesarios para o fondo do vindeiro ano.
   Aínda así, as familias que desexen devolvelos virán entregalos
   á secretaría do centro entre o 28 e o 30 de xuño. NON SE
   RECOLLERÁ NINGÚN LIBRO DE 1º ESO NIN ANTES NIN
   DESPOIS DESTAS DATAS.

      3º ESO   Con excepción do alumnado que sexa avisado para a
   devolución de libros concretos
, aplicarase o mesmo que
   para os libros de 1º ESO.

 

B. RESTO DE ALUMNADO
(avisados de 1º ESO, 2º ESO, avisados de 3º ESO, 4º ESO)

B.1. LUNS DÍA 20 DE XUÑO: devolución dos libros de 2º ESO e do alumnado requerido de 3º ESO. O alumnado será chamado por grupos á biblioteca para efectuar á devolución por este orde:

NIVEL E GRUPOHORA DE RECOLLIDA
2º ESO A10:10
2º ESO B11:30
2º ESO C12:00
2º ESO D12:30
3º ESO C (aldo. avisado)13:00

 

B.2. MARTES DÍA 21 DE XUÑO: devolución dos libros de 4º ESO. O alumnado será chamado por grupos á biblioteca para efectuar a devolución por esta orde:

NIVEL E GRUPOHORA DE RECOLLIDA
4º ESO A10:10
4º ESO B10:40
4º ESO C11:10
1º ESO E (aldo. avisado)12:00


NOTA IMPORTANTE: O alumnado destes grupos que non devolva TODOS OS LIBROS EMPRESTADOS nas datas e horas indicadas deberá facelo o día 22 de xuño na secretaría do centro.

SOLICITUDE DE MASCARILLAS PARA O ALUMNADO DE ESO

REPARTO DE MASCARILLAS AO ALUMNADO

     A Consellería de cultura, educación e universidade ven de publicar a Orde de 28 de outubro de 2021 segundo a cal proporcionará, a través dos centros de ensino, mascarillas a todo aquel alumnado cuxa renda per cápita familiar non supere os 6 000 €. Dado que esta é a cantidade que se utiliza como tope para a obtención do vale de material escolar do Fondolibros, todos aqueles aos que lles foi concedido o vale no mes de setembro (ou máis tarde no caso de formalización da matrícula por traslado) terán dereito de oficio ás mascarillas (NON PRECISAN SOLICITALAS).

     No resto dos casos, as familias deberán facer solicitude no prazo máximo de 10 días habiles a contar desde o 15 de novembro (seguinte día á publicación no DOG da Orde correspondente), é dicir, con data límite de 26 de novembro incluído. A tramitación deberá realizarse na SECRETARÍA do propio instituto aportando a documentación que se indica na Orde.

     Poden atopar os documentos necesarios e toda a información na Sede electrónica da Xunta de Galicia (PROCEDEMENTO ED330E) [Non se pode tramitar desde a sede electrónica. O enlace só é válido para a descarga dos anexos e como información].


DOCUMENTACIÓN NECESARIA

(salvo o ANEXO I, toda a documentación é a mesma que a do Fondo solidario de libros)

a) ANEXO I e ANEXO II (de comprobación de datos)

b)
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. En casos excepcionais, permitirase un volante de convivencia como xustificante.

c)
Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d)
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f)
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g)
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

IMPORTANTE: ENTREGA DAS MASCARILLAS. En datas vindeiras informarase do procedemento de reparto das mascarillas entre o alumnado ao que lle correspondan.

INICIO DE CURSO 21-22 (1). FONDO LIBROS

INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES DEFINITIVAS DE PRÓXIMA PUBLICACIÓN

Infórmase que, dacordo coa convocatoria anual do Fondolibros (Orde de 6 de maio de 2021) as listaxes definitivas do Fondo deben publicarse o día 15. Só nestas listaxes, que deberán ser consultadas na secretaría do centro, aparecerá asignación de libros concretos por alumno.

O alumnado que non devolva todos os libros prestados do curso que remata, quedará excluído automaticamente da asignación de libros pola aplicación informática que realiza as asignacións.   

FONDO LIBROS. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

LISTAXES DO

FONDOLIBROS 2021-22

Xa están publicadas as listaxes de asignacións provisionais do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2021-22. Lembren que:

a. as listaxes só poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do IES Elviña ou a través da sección de cidadáns da aplicación informática do fondolibros se dispoñen de certificación electrónica ou chave 365.

b. nas listaxes provisionais NON SE FAI ASIGNACIÓN DE LIBROS, só se informa da cantidade mínima de libros que lle corresponden a cada solicitante por renda. A asignación de libros faise nas listaxes definitivas de setembro, unha vez rematado o período de matrícula extraordinario.

c. as persoas solicitantes que aparecen excluídas do Fondolibros deixaron sen entregar documentación necesaria. Poderán subsanar estas carencias de documentación ao longo desta semana, pero non se actualizarán os seus datos ata a publicación das listaxes definitivas en setembro.

d. os solicitantes que aínda non formalizaron a súa matrícula (por ter materias suspensas para setermbro) ou que aínda non devolveron TODOS os libros do curso que remata, aparecerán como "condicionados" ou "pendentes". Deberán formalizar a súa matrícula dentro do período extraordinario e devolver TODOS os libros para que a súa solicitude se normalice nas listaxes definitivas*. De non cumplir estes dous requisitos antes do 10 de setembro, estes solicitantes quedarán fóra do fondolibros.

*NOTA: as persoas que formalizaron a súa matrícula hoxe día 9 de xullo aparecen condicionados porque a aplicación tarda un día en volcar os datos de matrícula. Sairán aceptados nas listaxes definitivas de setembro.

e. os vales de material que aparezan xa asignados nas listaxes provisionais poderán recollerse na secretaría do centro a partir do luns día 12 de xullo no seu horario de atención (09:00 a 13:00 horas de luns a venres laborables).

CONVOCATORIA DO FONDOLIBROS 2021-22

FONDO SOLIDARIO
DE LIBROS DE TEXTO (ESO)

(Resumo)

Aberto prazo para a presentación de solicitudes de participación no
Fondo solidario de libros de texto para cursos de ESO (2021-2022)

Descargar información

*          *          *

PRAZO
do 21 de maio ao 22 de xuño

LUGAR
na Secretaría do centro ou a través da sede electrónica da Consellería de Educación (con certificación dixital)

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Fotocopia do DNI ou NIE de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
     
  • Documentación complementaria (a que lle corresponda a cada un):


a) Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. No caso de que non haxa Libro de familia, que o pai e ani ou titor ou titores carezan de DNI e NIE, certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b) En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor. 

c) Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DESTE CURSO

A devolución dos libros deberá efectuarse antes do 7 de xullo (agás alumnado con materias pendentes para setembro, que poderá facer a devolución ata o 10 de setembro). Os últimos días de clase prepararase unha xornada de devolución.

Distribuir contido


by Dr. Radut