Skip to Content

Anuncios

Curso 2023-24. Inicio de curso (5). Información sobre grupos de alumnado

Inicio do curso 2023-24

Información sobre grupos
de alumnado

    O luns día 11 de setembro a partir das 08:40 horas procederase ao inicio do curso en todos os cursos de ESO e Bacharelato. O alumnado de todos os niveis pasará unha sesión cos seus titores e terá ao longo da mañá as súas primeiras clases en varias materias. Haberá, polo tanto, clase normal ata a hora de saída ás 14:10 horas [Ver Horario diario do centro].

CONFORMACIÓN
DE GRUPOS

     Para as familias que dispoñen de Abalar, o grupo no que estará asignado o/a seu/súa fillo/a estará dispoñible na propia aplicación proximamente en canto as listaxes de alumnado sexan definitivas. Bastará con consultar a aplicación.

    Ademais, o luns a primeira hora haberá listaxes dispoñibles colgadas nas paredes da entrada para a súa consulta polo alumnado.


AULAS ASIGNADAS
AOS GRUPOS

     Os grupos de cada nivel estarán asignados a unha aula de referencia durante todo o curso. As aulas de referencia para os grupos de 2º, 3º, 4º e Bacharelato se reflicten no cadro. Os grupos de 1º de ESO entrarán directamente ao Salón de actos ás 08:45 horas e desde alí irán cos titores ás súas aulas.

GRUPOAULAANDAR
2º ESO AA131º Piso
2º ESO BA141º Piso
2º ESO CA16
1º Piso
2º ESO DA121º Piso
2º ESO EA171º Piso
3º ESO AA101º Piso
3º ESO BA091º Piso
3º ESO CA081º Piso
3º ESO DA071º Piso
3º ESO PDCA111º Piso
4º ESO AA011º Piso
4º ESO BA031º Piso
4º ESO CA041º Piso
4º ESO DA021º Piso
1º BACH AA181º Piso
1º BACH BA211º Piso
2º BACH A EPV-2Soto
2º BACH BANovaSoto

As aulas estarán indicadas en cada andar.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA AO
CENTRO O PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Ver a anterior publicación nesta mesma WEB.

Curso 2023-24. Inicio de curso (3). Primeiro día de clase

Primeiro día de Curso 23/24

*     *     *

Imaxe1


    Este luns día 11 de setembro comezan as clases en educación secundaria. O IES Plurilingüe Elviña recibirá ao alumnado desde as 08:30 na primeira xornada lectiva co horario completo.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA
E RECEPCIÓN DO ALUMNADO

     O procedemento de recepción do alumnado realizarase en dúas tandas, a partir das 08:30 horas da mañá do seguinte xeito:

a) ás 08:30 entrará ao centro pola porta principal todo o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e dos dous cursos de Bacharelato dirixíndose ás súas aulas respectivas onde, entre 08:40 e 09:30 terán a sesión inicial cos docentes que exerzan a titoría de cada nivel. O titor informará ao alumnado do calendario escolar, dos procedementos de traballo no centro e do seu horario de curso. A partir da 2ª hora, este alumnado terá clase normal.

b) ás 08:45, despois da entrada de todos os demais grupos, entrará o alumnado de 1º ESO e se dirixirá ao salón de actos para unha recepción inicia. Posteriormente, os titores levarán a estes grupos ás súas aulas e farán unha sesión de presentación de dúas horas aproximadamente. Unha vez rematada a sesión inicial, o alumnado terá clase normal ata última hora (14:10 horas).


TRANSPORTE ESCOLAR

     Nesta primeira xornada escolar haberá transporte escolar. Ao longo da mañá do día 8 de setembro publicaremos neste mesmo espazo web os cadros de liñas e horario que nos trasladen.

     Debe terse en conta que os primeiros días soe haber desaxustes co transporte polo que é fundamental lembrar que:

a) só o alumnado que solicitou parada no momento de formalizar a matrícula ten dereito a transporte

b) o alumnado debe utilizar única e exlcusivamente a parada solicitada nos impresos de matrícula

c) o alumnado debe estar na súa parada con antelación

Curso 2023-24. Inicio de curso (4). Liñas de transporte escolar

HORARIO E PARADAS DO
TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

LIÑAS E PARADAS DE TRANSPORTE SERVIZO DE TRANSPORTE CONTRATADO POLA CONSELLERÍA

MOI IMPORTANTE: INDICAMOS OS HORARIOS INDICADOS POLAS COMPAÑÍAS, QUE INDICAN A HORA DE SAÍDA DO SERVIZO DA PRIMEIRA PARADA E A HORA DE CHEGADA CONCERTADA AO CENTRO 

¡ESTEAN CON ANTELACIÓN NAS PARADAS E TEÑAN PACIENCIA!

Cada alumno/a estará na parada asignada e collerá o bus que lle corresponda nos seguintes cadros.

*        *        *

BUS nº 1 (ED150207)

PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.) 
   Palavea07:5515:44 
   Fragas do Eume, 20...... 
   IESP Elviña 08:2016:00

 *        *        *

BUS nº 2 (ED150208)

PARADASHORARIO MAÑÁ (aprox.)HORARIO TARDE (aprox.) 

   Urb. Breogán

08:0615:36
   Fco. Sánchez......
   Feáns
......
   Novo Mesoiro, 30......
   IESP Elviña08:3016:10

 *        *        *

BUS nº 3 (ED150230)
PARADAS

HORARIO MAÑÁ
(aprox.)

HORARIO TARDE
(aprox.)
     Novo Mesoiro, 1008:2015:54
     IESP Elviña08:3016:05

*        *        *

BUS nº 4 (ED150234)

PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.) 
    Ribeira Sacra, 1208:2015:50
    Mesoiro Vello, 73......
    Ponte Martinete......
    IESP Elviña08:3016:00

*        *        *

BUS nº 5 (ED150235)
PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.)
     Novo Mesoiro, 1008:1015:50
     Ribeira Sacra, 3......
     IESP Elviña08:3016:05

*        *        *

BUS nº 6 (ED150238)
PARADASHORARIO MAÑÁ
(aprox.)
HORARIO TARDE
(aprox.)
     Novo Mesoiro, 30
08:1015:31 
     Ribeira Sacra, 12......
     Fragas do Eume, 20
......
     IESP Elviña08:3015:50

*        *        *

LEMBREN QUE O ALUMNADO DEBE UTILIZAR EXCLUSIVAMENTE A PARADA QUE SE SOLICITOU NO MOMENTO DA MATRICULACIÓN E QUE FOI PUBLICADA NA LISTAXE DA SECRETARÍA DO CENTRO

IMPORTANTE: Especialmente os primeiros días de clase é posible certo desaxuste sobre os horarios indicados polos responsables da empresa de transportes Teñan en conta que as prazas por autobús están contadas e asignadas por alumnado, polo que é fundamental respectar as paradas que corresponden a cada alumno. 

CURSO 2023-24. INICIO DE CURSO (2)

LISTAXES DE ALUMNADO CON DEREITO A TRANSPORTE

A partir das 09:00 horas de mañá martes día 5 de setembro poderán consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría as listaxes de alumnado que ten asignado parada e autobús no servizo de transporte para o curso 2023-24. Os posibles erros ou omisións, deberán ser comunicados na mesma secretaría do centro antes do venres 8 para a súa subsanación antes do primeiro día de curso. Lembren que o alumnado que non figure na listaxe non pode facer uso do servizo de transporte ata que se rexistra axeitadamente.

Nas datas vindeiras publicaremos a relación de liñas, paradas e horarios aproximados para os primeiros días.

 

CURSO 2023-24. INICIO DE CURSO (1)

CURSO 2023-24

Comezo das clases no IES Plurilingüe Elviña

     Como xa saberán, o inicio do curso, dacordo co calendario escolar oficial (Orde do 3 de maio de 2023), será o vindeiro luns 11 de setembro. Ese día haberá clase normal con entrada ás 08:40 e saída ás 14:10.

    Ao longo desta semana iremos publicando nesta páxina web as informacións precisas para a organización do primeiro día de clase: paradas do transporte, horario e liñas dos autobuses, información sobre aulas e grupos, organización da entrada e da saída do alumnado, etc.

      Todas estas informacións serán comunicadas unicamente a través desta páxina e a través das comunicacións que o centro envíe por medio do servizo Abalar, segundo vaian definíndose e confirmándose. 

    Pregamos estean atentos ás publicacións se desexan estar informados.

Moitas grazas e feliz curso 2023-24!

Distribuir contido


by Dr. Radut