Skip to Content

Xeografía e historia

PROXECTO TERRA 2019

SAÍDA A FERROL DENTRO DO PROXECTO TERRA

Dentro das actividades do Proxecto Terra, co que o Departamento de Xeografía e Historia do noso centro ven colaborando dende hai xa bastantes anos, tocoulle o turno neste curso á visita á cidade de Ferrol. Co material do Proxecto, o alumnado puido estudar nas aulas as características da paixaxe urbana dunha cidade costeira. Para rematar as unidades didácticas deste estudo, o estudantado de 3º ESO A e B acudiu o día 9 de maio á veciña cidade ártabra para coñecer in situ as súas características. Pasaron alí todo o día (a choiva acompañou, non en van vivimos na milenaria Galiza das brétemas). Deron un paseo en barco pola Ría, visitaron Mugardos, o castelo de San Felipe e, claro está, percorreron a cidade. Velaquí as fotos da xornada: 

05161824
30333442
47505152

adorno

O album completo da xornada

Álbum: Actividades -> 2019. Proxecto Terra: Ferrol

VISITAS ESCOLARES

O ALUMNADO DO IES ELVIÑA DE PASEO POLA CIDADE

Comezado febreiro, e despois das visitas ao Porto, a casa-museo de Emilia Pardo Bazán, ao museo de Belas Artes, á Axencia Tributaria, ao Centro Ágora, á Jaca e ao Pazo da Ópera do pasado mes, comezan as visitas e actividades de febreiro. Benvidas sexan, aínda que algúns dubiden de que o instituto sobreviva a tanto movemento. Comezamos con dúas visitas de historia... 

O grupo de 4º ESO acudiu o día 5 de febreiro ao Castro de Elviña, nas aforas da cidade. Alí pasearon polo campo e viron as ruíñas arqueolóxicas das citanias e edificacións dos primeiros veciños da cidade herculina.

010203
040506


Por outra banda, o alumnado de 2º de Bacharelato aproveitou o pasado martes día 12 de febreiro para airearse un pouco e fuxir das catro paredes da aula, agora que, avanzando o curso, achégase xa a xornada do seu grao. Foron ao Arquivo do Reino de Galicia, no edificio noble do Xardín de San Carlos. Alí, coa guía experta dunha das bibliotecarias arquiveiras puideron contemplar e comentar diversos documentos da historia local, rexional e nacional, visitaron as salas de documentación, os fondos e o obradoiro de restauración. Pasaron un bo rato. Loubados sexan por iso os nosos benqueridos Alberto e Pilar, que prepararon a visita!

010203
040605

Aviso para 2º ESO B, 3º ESO A, 3º ESO B: cualificación das últimas probas

Por problemas técnicos foi imposible subir os resultados das cualificacións.

O venres 22 xuño podedes informarvos no centro pola mañán.

Grazas.

Proxecto Terra: Porto 10-11 de abril

O alumnado de 3º e 4º de ESO do centro participou no intercambio territorial programado por Proxecto Terra o 10 e 11 de abril.

Visitamos a Fundación Serralves, a Casa da Música. Percorrimos a cidade e coñecimos a súa evolución histórica e urbanística. Tamén fixemos uso do transporte metropolitano desde Matosinhos á Casa da Música.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut