Skip to Content

Música

CONCERTO DIDÁCTICO

     Como xa comezamos o curso, xa comezan as actividades didácticas (pois claro!). A semana pasada, a nosa compañeira Alba, encargada da Biblioteca a partir deste curso, acompañou ao alumnado de 1º de ESO para presentar aos rapaces o espazo dos libros no centro dun xeito lúdico. E o venres día 5 de outubro inaugurouse o salón de actos neste curso cun concerto do guitarrista arxentino Augusto Gabriel Ayala. O concerto, cortesía da asociación Pórtico das artes, tiña como base o traballo cos ritmos da América latina (chamamé, tango, chacarera, zamba...). O alumnado desfrutou dunha hora de concerto entre palmas rítmicas e comentarios didácticos do músico.

Ayala01Ayala02

 Augusto Gabriel Ayala. Datos biográficos e profesionais

     Guitarrista nado na cidade de Concordia (Entre Ríos, Arxentina) o 4 de outubro de 1998. Nela comezou a tocar desde idade moi temperá. Tivo como primeiro mestre ao seu pai, que lle contaxiou a súa paixón pola música.
     Participa habitualmente en festivais prestixiosos, tal Guitarras do mundo, festivais de tango independente e o Ciclo de Música do Litoral, ademais doutras actividades en centros culturais e teatros de toda Arxentina.
     Ten gravacións no sello discográfico Epsa Music como solista de guitarra. Asimesmo, a súa actividade como concertista é moi variada en moi diversos lugares do mundo (Brasil, España, Turquía e Francia, entre outros).
     Mostra da súa actividade e da súa calidade como intérprete este vídeo da súa canle de Youtube.

ENSAIOS DA SINFÓNICA

O alumnado de 2º de ESO A foi este xoves día 12 a un dos ensaios públicos que a OSGA celebra mensualmente. Nesta ocasión ofreceuse como programa a Sinfonía 36 Kv 425 de Wolgang Amadeo Mozart. Programa clásico que o alumnado gozou con atención. Foron acompañados pola profesora de música Gemma López.

Concerto

MÚSICA CLÁSICA: ENSAIOS DA SINFÓNICA

Ensaios-07Wagner e o IES Elviña

O pasado venres día 16 de marzo, o alumnado de música de 4º de ESO acudiu, como ven sendo tradición, aos ensaios públicos dados pola Orquesta Sinfónica de Galicia. Nesta ocasión a orquesta estivo dirixida polo prestixioso director barcelonés Josep Pons, quen ofreceu ao alumnado dos centros coruñeses un programa de obras de Richard Wagner, o revolucionario operista alemán do século XIX. O alumnado foi ao Palacio da Ópera acompañado pola nosa benquerida compañeira Gemma López e pasaron un bo rato coa música do xenio de Leipzig.

Ensaios-01Ensaios-03
Ensaios-04

Festival de Nadal do IES Elviña

     Un curso máis, chegados ao último día do primeiro trimestre o alumnado de todos os cursos do centro participou no Festival de Nadal. Neste ano os participantes amosaron moi variados talentos: houbo recitadoras de poesía, bailarinas, músicos individuais, cantantes e interpretacións de grupo. Non faltou a colaboración de varios profesores que deron tamén a nota (aínda que, desta vez, sen figurar nos boletíns) e o vídeo conmemorativo do Festival de Nadal do curso anterior.

CADRO DE ACTUACIÓNS DO FESTIVAL
(Presentadoras: Cynthia e Jennifer, 2º Bacharelato)

1. Visionado dun vídeo sobre o festival do curso pasado.
2. Rebeca e Heloísa (4º ESO). Lectura dun poema en portugués.
3. Daniel (2º ESO). Interpretación de Promenade ao fagot.
4. Xan (2º ESO). Concertino de Brebal ao violoncelo.
5. Uriel (2º ESO). Feliz nadal, interpretada coa tuba.
6. Grupo de 2º ESO A: Impossible.
7. Uxía, León (4º ESO). Recitado dun poema en castelán.
8. Grupo de 2º ESO B: Romeo e Xulieta.
9. Grupo de 3º ESO A:
El último mohicano.
10. Grupo de 3º ESO B: O son do ar.
11. Chemi (4º ESO) e Pedro (profesor): Loco enamorado.
12. Priscila (4º ESO) e Gemma (profesora): Alicia Keys.
13. Grupo de 4º ESO e BACHARELATO: recopilatorio do grupo ABBA, Dancing queen, Super trouper e Mamma Mía.
14. Baile: Andrea e Ana Beatriz (4º ESO)
15. Grupo de alumnado e profesores: Música tradicional.

 
    O público escoitou aos participantes con atención e respecto. O resultado: un festival que quedará no recordo de todos os asistentes.

Adeus ano 2017!
Benvido, ano 2018!

Presentadoras

2º ESO2ESOB 
 As dúas presentadorasConxunto de 2º ESO A2º ESO B nos vibráfonos
Xan ao violonceloChemiFin de festa
Xan, de 2º ESO, no celloChemi cantandoO grupo de 2º BAC
Danza-01Poesía3º ESO B 
 Ana, de 4º, na sesión de danza Uxía recita un poema de Neruda
 O grupo de 3º de ESO B
PriscilaDanza-023º de ESO
Priscila, de 4º ESO, cantando
Ana e Andrea bailandoO grupo de 3º ESO A

O vídeo da actividade en Youtube:

 

Ensaios didácticos da OSG

Ensaio-OSG-3ESO

     Os rapaces e rapazas de 3º de ESO estiveron este xoves 9 de Novembro no Palacio da Ópera da cidade para acudir a un ensaio didáctico da Orquestra Sinfónica de Galicia. Alí puideron escoitar a Sinfonía nº 9 "From the new world" do compositor checo Antonin Dvorak. A obra estivo dirixida polo prestixioso director israelí Eliahu Inbal. Foron acompañados polas nosas compañeiras Gemma López e Isabel Carballada.

Distribuir contido


by Dr. Radut