Skip to Content

IES Elviña -Día da Paz e a Non Violencia- 30 de xaneiro

Concurso de murais

Organizado por o departamento de Filosofía na materia de Educación para a Cidadanía de 2º de ESO e coa colaboración do ENDLG do centro celébrase un concurso de murais sobre o día da paz que están expostos nos corredores do instituto.


 


 

Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993. Nesa data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú. Presentámosvos diversas propostas didácticas para traballar na aula.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/recursos-do-repositorio-de-contidos-do-espazoabalar-para-traballar-o-dia-escolar-da-non.

http://www.sgep.org/index.php?option=com_content&view=article&id=197:30-xaneiro-recursos-para-o-dia-escolar-pola-paz-2013&catid=54:dia-escolar-pola-paz-2014&Itemid=64&lang=gl

http://www.orientacionandujar.es/2014/01/13/recopilacion-de-materiales-para-el-dia-de-la-paz-en-secundaria-y-bachillerato/


O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. É un día para fomentar a paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: ’Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra’.

Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron trala independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Pakistán, un hindú e outro musulmán). Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.



page | by Dr. Radut