Skip to Content

CELEBRANDO O SAMAÍN

 

O Samaín

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas  
eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

A conexión celta

Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por todo o país ata hai menos de trinta anos. Por se fose pouco tamén comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, arredor da zona na que están situadas as aldeas de fala galega, e aínda en zonas de Zamora e mesmo en Madrid. Ademais, este estudioso analizou a relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas tradicións irmás das illas británicas. E mesmo chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga, onde a cabaza tallada sécase e consérvase para empregala como máscara no Entroido. O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro “Caliveras de melón”, comezou aínda agora a chamar a atención dos antropólogos do país.  tradición das cabazas e os seus vencellos co Samaín por colexios e asociacións de todo tipo, o que está a provocar que cada vez haxa máis lugares nos que se celebra esta festa sen pasar pola peneira de Estados Unidos.





 

CONCURSO DE MICRO RELATOS QUE PODEN VIR EN GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS, ALEMÁN, FRANCES OU LATÍN. HABERÁ PREMIOS!!!

 

DESEÑA A TÚA CABAZA EN PLÁSTICA, NAS TIC OU INFORMÁTICA!!!

 

TES FAMILIA QUE AS CULTIVE? SE É ASÍ ATRÉVETE A PREPARALA E TRAELA AO INSTITUTO. SEGURO QUE NOS GUSTARÁ A TODOS. MESMO PODES ELABORAR UNHA RECEITA DE COCIÑA CON ELA

 

BASES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO

1.- Poderá participar calquera estudante do IES ELVIÑA.

2.- Cada concursante participará cun texto orixinal e inédito, en galego, en castelán, en inglés.

3.- O tema do relato será de terror e constará, como máximo, de 100 palabras.

4.- Deberácomezar pola seguinte fraseCando abriu os ollos descubriu unha sombra parada diante del (ou dela)...”

5.- Poderase presentar manuscrito ou a ordenador.

6. O prazo de presentación rematará o mércores, 13 de novembro.

7.- O Xurado  estará composto polo profesorado do Equipo da Biblioteca.

Haberá premios



page | by Dr. Radut