Skip to Content

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
CURSO 2024-2025

Hoxe día 15 de maio fixéronse públicas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos nos cursos nos que foi necesaria a baremación. As listas poden consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do centro e na aplicación de admisión (con certificado electrónico ou Chave365). Contodo, informamos de que, tras da reclamacións presentadas, non houbo variacións respecto ás asignacións de alumnado que se fixeron nas listaxes provisionais.

Todo o alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula durante as datas que, a tal efecto, se habilitarán na secretaría a partir do 21 de xuño e das que se informará a través desta páxina web.

Contra as listaxes definitivas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación [Art. 36.1 da Orde de 21 de outubro de 2022].

 

 



page | by Dr. Radut