Skip to Content

ADMISIÓN: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
CURSO 2023-2024

Infórmase aos interesados de que, rematado o prazo oficial de reclamacións tras da publicación das listaxes provisionais de admisión, as listaxes provisionais pasan a ter condición de definitivas. Estas listaxes definitivas quedarán publicadas para a súa consulta no taboleiro de anuncios da secretaría do centro, tal e como esixe a lei, ata o comezo do curso 23/24. Tamén poderán consultarse, se dispoñen de certificado electrónico, a través da entrada de familias da propia aplicación informática de admisión.

Contra as listaxes definitivas as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación [Art. 36.1 da Orde de 21 de outubro de 2022].

 



page | by Dr. Radut