Skip to Content

ELECCIÓNS DE RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR (2022)

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS
DO CONSELLO ESCOLAR

     De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 30/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

a) 3 membros do profesorado
b) 1 membro dos representantes de alumnado
c) 1 membro dos representantes das familias [+ 1 no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante]
d) 0 membros do persoal de administración e servizos


NOMEAMENTO DA
XUNTA ELECTORAL

Seguindo as indicacións da normativa, o primeiro paso para a realización das eleccións é a elección dos membros da Xunta electoral de centro, que velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. A Xunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:

a. o director ou directora do centro de ensino, como presidente da mesma
b. 1 profesor elixido por sorteo público
c. 1 pai ou nai elixido/a por sorteo público
d. 1 alumno/a elixido/a por sorteo público
e. 1 membro do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público


CALENDARIO E MÉTODO PARA A CONSTITUCIÓN
DA XUNTA ELECTORAL

     A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:

1. farase sorteo público o venres día 28 de outubro de 2022 nas dependencias do IES Plurilingüe Elviña ás 11:30 horas

2. no sorteo, aberto a calquera membro da comunidade educativa do IES Plurilingüe Elviña que o solicite previamente mediante a presentación de escrito na secretaría do centro, asistirán: o director e o secretario do instituto (presidente e secretario do proceso), 1 membro do profesorado elixido ao azar, 1 membro do alumnado elixido ao azar

4. Os membros elixidos no sorteo recibirán notificación oficial da elección e cita para a primeira reunión nos días seguintes ao sorteo. 

3. método do sorteo:

a. elixiranse dous representantes por cada membro necesario, o primeiro en calidade de titular e o segundo en calidade de suplente
b. o secretario do centro acudirá coas listaxes XADE de pais/nais, alumnado, PAS e profesorado do centro nas que cada membro da comunidade figurará cun número de referencia
c. utilizando unha aplicación electrónica de números aleatorios se escollerá, por esta orde, un/ha titular e un/ha suplente do grupo PAS, un/ha titular e un/ha suplente do grupo ALUMNADO, un/ha titular e un/unha suplente do colectivo DOCENTES e un/ha titular e un/unha suplente do colectivo FAMILIAS. En caso de existir erro na elección por algunha cuestión non prevista, repetirase a elección do colectivo no que se detectou erro.


CONSTITUCIÓN DA
XUNTA ELECTORAL

Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario e inicio do proceso electoral nunha reunión que terá lugar no centro o 4 de novembro de 2022.

 



page | by Dr. Radut