CONCESIÓN DE VALES DE MATERIAL EXTRAORDINARIOS DO FONDOLIBROS 2022-23
A Xunta de Galicia comunica aos centros oficialmente que en datas próximas procederá á asignación directa dun vale de material extraordinario por valor de 25 € a todos os participantes do Fondolibros 2022-23 que xa recibiran o vale de 50 € asignado ata agora. A concesión do novo vale será directa e sen ter que facer xestión algunha por parte das familias e terá efecto desde o día seguinte á publicación da nova normativa no DOG.
Avisarase proximamente a través de ABALAR unha vez que os vales estean dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro.
CONTÍA | 25 EUROS |
TRAMITACIÓN | Automática para todos os que recibiron o vale anterior |
RECOLLIDA | Na secretaría do centro a partir do día seguinte |