Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR (II)

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS
MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR (II)


Referencias legais que afectan ás eleccións

de membros do Consello escolar

a. Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021]

b. Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario [DOG do 29/04/1988]

c. Decreto 324/1996 do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos insitutos de educación secundaria [DOG do 9/28/1996]


Constitución da
Xunta electoral

No día 3 de novembro de 2021, dentro do prazo estipulado na normativa anterior, quedou constituída a Xunta electoral que supervisará o procedemento de eleccións de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Elviña. Da súa primeira reunión, sairon aprobados o calendario e os procedementos de participación.

 
Calendario electoral

O 3 de novembro procederase á constitución da Xunta electoral no IES Plurilingüe Elviña. Nese mesmo día, a Xunta acordará o calendario a seguir para os seguintes pasos dos comicios:

a. publicación dos censos electorais provisionais de pais/nais, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos (4 de novembro)
b. prazo de reclamación aos censos (ata o día 11 de novembro, incluído)
c. prazo de presentación de candidaturas na secretaría do centro (entre o día 4 e o 11 de novembro, incluídos)
d. resolución de reclamacións e elección dos membros das mesas electorais (12 de novembro), que estarán formadas por:

mesa das familias: director + 4 pais/nais escollidos por sorteo entre os non candidatos
mesa do alumnado: director do centro + 2 alumnos/as escollidos/as por sorteo entre os non candidatos
mesa do profesorado: director do centro + 2 profesores (maior e menor, vogal e secretario/a respectivamente)
mesa do persoal administrativo e de servizos: director do centro + secretario + 1 PAS (o de maior idade)

e. proclamación das candidaturas presentadas (12 de novembro), establecendo un prazo de reclamacións contra as candidaturas (ata o día 16 de novembro). En caso de reclamacións, a Xunta Electoral resolverá en reunión extraordinaria (16 de novembro).
f. campaña electoral (entre o día 12 e o 22 de novembro)

g. xornada das votacións (23 de novembro)
h. publicación das actas de resultados e envío das actas á Consellería (25 de novembro)


Procedementos (formularios dispoñibles
na secretaría do centro)

A. para reclamar as listas do censo: presentarase instancia escrita na secretaría do IES Elviña explicando o motivo da reclamación e as correccións solicitadas. A instancia irá dirixida á Presidencia da Xunta electoral para membros do Consello escolar.

B. para presentar candidaturas: presentarase instancia escrita na secretaría do IES Elviña facendo constar os datos persoais completos e a listaxe pola cal se quere presentar. A instancia irá dirixida á Presidencia da Xunta electoral para membros do Consello escolar.

C. para as votacións: as votacións realizaranse en urna nun espazo amplo do instituto. No caso dos pais/nais/titores o/a votante deberá acreditarse co DNI. No caso do alumnado, do profesorado e dos PAS, bastará coa súa identificación verbal. As votacións realizaranse preferentemente na mesma data en horario lectivo.

a. profesorado: en sesión de claustro extraordinario ás 15:00 horas do día 23 de novembro
b. alumnado: por niveis educativos ao longo da mañá (8:30-12:20) do 23 de novembro
c. persoal de administración e servizos: ás 13:30 horas do día 23 de novembro na secretaría do centro
d. familias: entre as 16:30 e as 18:00 horas do 23 de novembro


NOTA IMPORTANTE SOBRE A PUBLICACIÓN DOS CENSOS

Aínda que nestes casos, a Lei de Protección de Datos establece excepcións á publicación de datos persoais dos participantes nos comicios, en atención á especial sensibilidade destes datos, só estarán dispoñibles para todos os interesados no taboleiro do interior da Secretaría do centro no horario habitual de atención ao público.



page | by Dr. Radut