Skip to Content

Gañadoras do concurso "A máscara que inspira"

Paula e Isa, alumnas de Latín e Grego do noso centro, gañaron o primeiro posto e o accésit do concurso "A máscara que inspira" na modalidade Polignoto. Este concurso foi convocado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos de Galicia tendo como base o arquetipo de Hécuba; as nosas alumnas revitalizaron a traxedia de Eurípides coas súas interpretacións en banda deseñada. Podedes ver os seus debuxos nesta mesma páxina web no apartado de linguas clásicas; aquí van as fotografías da entrega de premios na Facultade de Filoloxía da USC. Parabéns ás premiadas!

 



page | by Dr. Radut