Skip to Content

CHARLA AESLEME

O pasado 29 de outubro o renovado Departamento de Orientación do instituto dirixido pola nosa benquerida Ana María Rivera preparou para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato unha charla de concienciación sobre os problemas das persoas con lesións medulares. Acudiu para a ocasión ao noso humilde salón de actos un representante de AESLEME (a Asociación para el Estudio de la Lesión Medular Espinal) quen alertou aos rapaces coa súa presenza e coas súas palabras das dramáticas consecuencias que pode ter a condución descoidada. Esperemos que a charla sirva para que descenda no futuro o elevado número de accidentados con lesións medulares nas nosas estradas costeiras, ben coñecidas por esta razón...

AESLEME-03miniAESLEM-01mini


page | by Dr. Radut