Skip to Content

XOGOS TRADICIONAIS

UNHA VIAXE AOS XOGOS DO PASADO

LogoXogos-01Xogos-02
Xogos-11Xogos-03Xogos-09º


"Oes, e que fan eses rapaces alí?"

"Non o sei, aí no patio do insti estarán no recreo pasándoo pipa, digo eu."
"Que va! Están a xogar á petanca!! E que ben lle dan! Sonche uns maestros estes rapaces!"
"Naturaca! Eses danlle ben a todo! Non che digo! Son do Instituto de Elviña...!"


     E que fai o alumnado do IES Plurilingüe Elviña xogando á petanca, ás "chapas", ao aro, á mariola, en fin, como quen di aos xogos dos avós. Deulles un aire? Caeron na tolicie?  Non tal! Isto de darlle unha volta aos xogos do pasado son cousas de Paula, a nosa profe de Educación física, farta de que o alumnado só saiba entreterse cos móbiles e coa leria esa da tecnoloxía (esas cousas do demo...). Por iso, adicará unhas semanas a traballar coa rapazada de 4º e de 1º de Bacharelato este tipo de xogos, que, aínda que non o pareza, combinan capacidades moi diversas, habilidade, intelixencia e coordinación física. Vaia, que non serán deportes olímpicos, pero esixen o seu. Dirano os nenos, que teñen que crear un xogo propio remedando os do pasado, e que levarán as súas creacións á celebración da Xornada do deporte o vindeiro 25 de maio.

"Ben, e agora, onde imos?"
"Ti non sei, eu correndo á Federación Galega de Petanca, a facerme socio. Eses nenos déronme envexa."
"Ei! Non corras tanto, ho! Agarda, que eu tamén vou!"



page | by Dr. Radut