Skip to Content

Actividades

Alumnado de 3º e 4º da ESO co noso lector Ryan McAllister

Alumnado de 3º e 4º de ESO de Bilingüe co lector do noso centro neste curso 2012-2013, Ryan MacAllister.

Para ampliar as fotos prema na imaxe

Alumnas e alumnos de 4ºA poñen o colofón á Semana das Linguas coa lectura de "If", de Kipling






Rematou a Semana das Linguas e Culturas e como peche oficial a este evento o alumnado da Sección Bilingüe de 4ºA fixo unha lectura do coñecido poema "If" do escritor inglés Rudyard Kipling na biblioteca do centro. Ademais, o lector de inglés, Matthew Campbell, fixo unha introducción ao acto en galego (ata principios de curso non sabía nin galego nin castelán, aínda que é experto en alemán). Así, demostrou que cantas máis linguas se sabe, mellor, e máis doado é aprendelas! . Esta actividade foi recollida como información na páxina do Concello de Valga no seguinte enlace:


http://www.valga.es/publicacions/ver.htm?publicacionId=19238


Versión inglesa prema English


Para ampliar foto prema na imaxe


Alumnado e profesorado de Valga aprende a xogar ao cricket cun entrenador de Durham!






O cricket ten éxito en Valga. Así se demostrou durante o torneo deste deporte británico por excelencia que celebrou o instituto durante a súa Semana das Linguas e Culturas. O lector inglés Matthew Campbell, que procede da cidade de Durham, logrou que tanto alumnado como profesorado participara na actividade, que gozou dun público entusiasta durante toda a semana. As alumnas e os alumnos, e as/os profes, saborearon así de primeira man un anaquiño da cultura británica. Gracias, Matt! (Para ver en slideshow mais fotos prema  "Galería"  ou tamén na sección "Galería" da páxina web). 


Para ver a versión inglesa prema English


Para ampliar a foto prema na imaxe


Aula de 4º de ESO Bilingüe co lector Matthew Campbell

 
O  grupo de 4º de ESO Bilingüe deste curso 2011-12, co lector de inglés Matthew Campbell.
Para ampliar a foto prema na imaxe

Aula de Sección Bilingüe de 3º da ESO co lector para este curso 2011-2012 Mathew Campbell

     
Aquí temos á clase de Sección Bilingüe de 3º ESO no curso 2011-12. Están acompañados polo lector de Inglés deste ano, Matthew Campbell, que vén da cidade de Newcastle en Inglaterra.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut