Skip to Content

Actividades

Saída a pé polo Concello de Valga por alumnado de 4º de ESO

O luns 24 de marzo o alumnado de 4º ESO realizou unha saída a pé polo Concello, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia,  para descubrir o seu patrimonio histórico e artístico, visitando as instalacións do novo museo en Pontevalga, as igrexas de Xanza, Setecoros, San Miguel, Casal de Eirixo e outros lugares de interés como cruceiros e pazos"

Para ampliar foto prema na imaxe

O IES de Valga comprometido cos propósitos do "Dia Metereolóxico Mundial 2014"

"O domingo 23 de marzo comemórase o Día Meteorolóxico Mundial 2014 que este ano ten como lema “Comprometendo aos mozos co tempo e o clima”.  Desde o noso centro recollemos datos meteoróloxicos para envíar a Meteogalicia durante os días lectivos do curso escolar, por parte do alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato."

Para ampliar foto prema na imaxe do alumnado participante

Charla sobre o holocausto xudeo no IES de Valga

"O luns 17 de marzo celebrouse na Biblioteca do IES de Valga unha interesante charla, dirixida aos alumnos de 4º ESO e 1º  Bacharelato, a cargo do doutor en Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Xoán Manuel Garrido Vilariño, co título "O Holocausto Xudeu".  Esta charla foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia"

Para ampliar foto prema na imaxe

Charla coloquio do escritor Miguel Ánxo Fernández sobre o libro "O sabre francés"

"O mércores 4 de decembro, os alumnos de 4º ESO asisitiron, na Biblioteca do centro, a unha charla-coloquio co escritor e crítico de cine Miguel Anxo Fernández. Os alumnos tiveron  unha explicación do libro "O sabre do francés", desde o punto de vista histórico, literario e incluso cinematográfico."

Para ampliar foto prema na imaxe

Visita de alumnado do IES de Valga ó Museo de Pontevedra

Os alumnos de 4º ESO visitaron o pasado venres 15 de novembro o Museo de Pontevedra para realizar unha actividade nas salas dedicadas a Castelao, ademais tiveron unha explicación guiada por persoal do Museo nas salas navais. Esta visita foi organizada conxuntamente polos Departamentos de Lingua e Literatura Galega e Xeografía e Historia.

Para ampliar foto prema na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut