Estudiantes e profesoras do IES Valga que forman o coro "Os Xílgaros do Ulla" participaron de novo no Festival Axenda 21 que organiza este instituto cada ano no Auditorio Municipal.
Nesta ocasión celebrábase a cuarta edición do festival e o tema era a protección da terra.
O coro, baixo a batuta do profesor Manuel Amenedo, interpretou o famoso canon de Mozart "Dona Nobis Pacem" con letra adaptada para a ocasión pola profesora Pilar Buela, "Terra seiba rexa".
Para máis información e imaxes do IV Festival Axenda 21 consultade a sección "Actividades extraescolares" e a galería de fotos.