Skip to Content

Clausura da 1ª Semana da Música

Actuación do Coro acompañado de Ainhoa Valiño e Lucía Rey, na Biblioteca

A 1ª Semana da Música celebrada estes días, finalizou o venres 24, na Biblioteca, cunhas verbas de clausura deste evento por parte do Director do IES, Eliseu Mera. O acto tamén serviu para a entrega de premios dos concursos de Just Danceportadas de vinilos, coas actuacións das alumnas de 2º Bacharelato Ainhoa Valiño e Lucía Rey e tamén a do Coro.

As actividades programadas contaron con actuacións musicais, no espazo da Biblioteca, do alumnado de Música de 1º Bacharelato e de destacados músicos, invitados a esta actividade, como o violinista Manuel García Vicente, o guitarrista David Regueiro, un dos referentes do jazz manouche e premio Martín Códax Jazz 2023, e de James Strauss, solista de frauta traveseira internacional. Xunto a estas actuacións musicais, unha representación do alumnado de Música, co seu profesor Ismael Cabaleiro, realizou dous podcasts á ilustradora e cantante Gloria Pavía e o luthier de violín, Martín González.
Por útimo sinalar que no corredor da planta baixa pódense ollar as exposicións dos traballos realizados polos participantes no concurso de portadas de vinilos e tamén a que realizou alumnado de Música con textos de cancións ou de persoeiros, alusivos á Música.
Esta semana foi organizada polo departamento de Música coa colaboración de Vicedirección e as profesoras e alumnado de 1º do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais.

Actuación de James Strauss, xoves 22 maio na Biblioteca, 1ª Semana da Música

Podcast á ilustradora Gloria

Participantes concurso Just Dance, martes 22

Exposición portadas de vinilos, 1ª Semana da Música, corredor planta baixa

Aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2024, a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 21 de maio e remata o 21 de xuño.

Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/  ou no ficheiro anexado a esta nova.

Calendario escolar 2023-2024 EDLG IES Plurilingüe de Valga

Calendario escolar IES Plurilingüe de Valga 2023/24

COBERTURA DOS EQUIPOS E-DIXGAL

logo Edixgal Anéxase un documento con información a respecto das coberturas do  equipamento do alumnado que pertence ao Proxecto E-Dixgal, así como as  características do servizo integral de reparación.

Libros de texto 2023-2024

Pode acceder á listaxe actualizada de libros de texto do IES Plurilingüe de Valga para o curso 2023-2024 premendo na imaxe ou abrindo o ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut