Skip to Content

Concurso Cartel Día Internacional da Muller

Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que oferte ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:
· 1a Categoría.- Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
· 2a Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
· 3a Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

O prazo de presentación conclúe o 20 de febreiro de 2020. Non serán admitidos os traballos que sexan recibidos con posterioridade a esa data. As obras remitiranse por correo ordinario en sobre pechado ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n 15781- Santiago de Compostela, facendo constar nel “III Concurso de carteis 8 marzo”
As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:

https://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/convocatoria-do-iii-concurso-de-carteis-do-8-de-marzo-de-2020-dia-internacional-da

Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360- 981545312.

Alumnado de Ciclos, 4º ESO e Bacharelato da materia de Economía asisten a unha charla sobre Emprendemento

Charla sobre Emprendemento en Audiovisuais

 O mércores 22 de xaneiro e na Aula de Audiovisuais, alumnado de 2º Ciclo Medio de Soldadura e Calderaría, 2º Ciclo Superior de Construcións Metálicas, 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato da materia de Economía, asisitiron á charla "Emprendemento e visibilidade na Internet. Da marca ás redes sociais." Esta interesante charla enmarcarse dentro do programa "A Ponte" e foi impartida polo profesor da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ciencias  da Comunicación da USC, José Sixto García, o cal contou, nunha amena e didáctica conferencia, a importancia da visibilidade da marca na internet. A actividade foi organizada polo departamento de FOL coa colaboración do departamento de Economía.

O xoves 30 de xaneiro tivemos o Clube de Lectura de adultos

Clube lectura adultos 2019-2020

 O xoves 30 de xaneiro tivemos unha nova sesión do noso Clube de Lectura de adultos. Clube de lectura... de amigos falando arredor dun libro. Sete mulleres, e o coordinador. Mulleres amantes do coñecemento, da cultura. Unha marabilla.

Novo sistema de empréstimo de computadores

 

Coa intención de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías ao conxunto do alumnado do centro, o IES de Valga disponibiliza dez computadores portátiles para seren utilizados polo alumnado da ESO e do Bacharelato para a realización de traballos.

 Cada alumna/o que precise da utilización dun computador deberá seguir estes pasos.

 - Acudir á Vicedirección no primeiro recreo de cada segunda, cuarta ou sexta feira (luns, mércores ou venres).

 - Rexistrar o seu nome, curso, materia para a que precisa do equipo, número de serie e data de entrega.

 - Devolver o computador no seguinte día habilitado para a entrega/recepción de equipos. Se foren necesarios máis dias e houber disponibilidade, poderíase renovar.

 - A/O alumna/o comprométese a devolver o computador en perfecto estado e a non deixar instalado novo software nin novos ficheiros.

 - O incumprimento de datas na devolución implica a revogación do dereito a participar no servizo de empréstimo.

 - Se o computador for devolto con sinais de deterioro, a/o alumna/o recibiría unha sanción económica e a revogación do dereito a participar no servizo de empréstimo.

Xuntanza do Clube de Lectura este xoves 30 de xaneiro

Clube de Lectura 30 xaneiro 2020 Ola a todas; este xoves, 30 de xaneiro, na Biblioteca do noso centro, ás catro e media, coma sempre, reanudamos o Clube de Lectura. "Ébano", de Kapuscinski, e "Instrucciones para convertirse en fascista", centrarán a charla. Boa tarde. Boa lectura... haberá pastas, de chocolate...

Distribuir contido


by Dr. Radut