Skip to Content

Alumnado de 3º ESO de Educación Dixital e Cultura Clásica realizou un proxecto de podcast

O alumnado de Educación Dixital e Cultura Clásica de 3º ESO elaborou un podcast destinado a ser distribuído nas RRSS e na páxina Web do IES de Valga.
O alumnado de Cultura Clásica foi quen decidiu o mito que ían tratar no podcast, Eco e Narciso. Así mesmo elaborou o guión e conformou maioritariamente o grupo de locución, participando tamén na fase técnica da creación do podcast escollendo parte da música e editando dixitalmente distintas partes da locución. Pola súa banda, o alumnado de Educación Dixital, non só participou na elaboración técnica do podcast, na edición do audio e da música ambiente, senón que tamén contribuíu na locución da historia do famoso mito.
Trátase dunha colaboración, como explican os profesores Diego Botana e Raúl Gómez, que pretenden  levar a cabo, se é posible, o próximo curso 2024-25, ampliándoa a todo o periodo lectivo anual, desenvolvendo máis mitos e conectando desta maneira o mundo clásico co mundo tecnolóxico máis actual. “Poidera ser que este proxecto acabe nun ABP, é dicir, nunha Aprendizaxe integral baseada nun proxecto no que “a colaboración e o desenvolvemento activo do alumnado sexa o motor da aprendixaxe”, coinciden os dous profesores.
O podcast, resultado desta integración de dúas materias aparentemente incompatibles e tan diferentes, poderá ser escoitado unha vez que estea a disposición do público xeral na propia Web do IES e no Instagram e no Facebook do IES de Valga.

Acto de graduación da promoción de Bacharelato 2022-2024

Alumnado 2º Bacharelato promoción 2022-2024

O venres 21 de xuño, no Auditorio Municipal de Cordeiro, tivo lugar o Acto de Graduación da promoción de Bacharelato 2022-2024. Foi un acto entrañable e emotivo, presentado polo alumnado desta promoción: Ximena Guerra e Mateo García e no que houbo discursos da Vicedirectora do Centro, Ana Bueno, do rexidor municipal, José María Bello Maneiro, xunto cos da madriña e o padriño dos graduados: o profesorado Lara García e Juan Carlos Montejano. No evento non podía faltar a entrega de diplomas ao alumnado graduado xunto coas mencións especiais aos mellores expedientes do Bacharelato de Ciencias, Lucas Fernández, o que lle conlevou o premio "Ángel Carracedo", e do Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, concedido ao alumno Mateo García. Ademais estes dous alumnos, en representación do resto do alumnado, foron os encargados de facer referencias ao seu paso polo ies. O acto completouse cunha actuación musical do pianista Alonso Pinilla, coa interpretación de varios temas. Picando neste enlace podes ver máis fotografías deste acto.

Distribuir contido


by Dr. Radut