Skip to Content

Encontro do alumnado de 2º Bacharelato coa escritora Montse Fajardo

A escritora Montse Fajardo co alumnado de 2º Bacharelato O pasado venres, 17 de marzo, estivo con nós a autora de “Matriarcas” ou a máis recente “Un cesto de mazás”: a escritora e xornalista vilagarciá Montse Fajardo. Nun encontro co alumnado de 2º de Bacharelato déulles a coñecer as historias dalgunhas das persoas que protagonizan os seus libros e que nunca deben ser esquecidas, elas e as situacións que viviron. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.     
   


page | by Dr. Radut