Skip to Content

Entroido 2017 no IES Valga

  Entroido 2017   O enxeño e a inventiva serán de novo a tónica  dominante no IES Valga coa Festa do Entroido 2017. O  evento arrancará cun gran desfile de disfraces con premios  para os máis imaxinativos e mellor preparados. Como o  ano pasado, traballarase previamente nas clases con  material sobre o entroido galego e haberá un premio  especial para o mellor traxe tradicional. Así que ide  preparando eses disfraces orixinais, satíricos e galegos  , para o vindeiro 24 de febreiro!  
   


page | by Dr. Radut