Skip to Content

Acto na Biblioteca para conmemorar o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz"

Alumnado de 1ºESOA : que é a paz?   Alumnado de 1º ESO A : que é a paz? O alumnado de 1º ESO A, conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cun acto dentro do programa da actividade da Biblioteca, “Ler por Ler”: unha lectura de textos en prosa e poesía para todo o alumnado que no segundo recreo se acercou á Biblioteca. Co título “que é a Paz?”, foron recitando e lendo diferentes textos para reflexionar sobre a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Reflexións que son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, ese día que o poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal fundou en España, en 1964, como punto de partida e de apoio para unha educación  non violenta e pacificadora, relacionándoo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi, a "alma grande". A morte de Gandhi foi considerada unha catástrofe internacional, incluso as Nacións Unidas decretaron un período de loito. Con todo, a súa figura como defensor da loita pacífica contra as inxustizas seguiu crecendo ata converterse no símbolo do pacifismo mundial. A mensaxe básica é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra". A atividade foi organizada polos responsables da Biblioteca en colaboración coa titora de 1º ESO A, Blanca Barrio.    
   


page | by Dr. Radut