Skip to Content

Charla do profesor da USC, Carlos Ruíz Miguel sobre "A descolonización inconclusa do Sahara Occidental"

Alumnado de 2º Bacharelato na charla sobre o Sahara Occidental   Alumnado de 2º Bacharelato na charla sobre o Sahara Occidental Este luns, 16 de xaneiro, tivo lugar na Biblioteca do IES de Valga, un encontro do alumnado de 2º de Bacharelato con Carlos Ruiz Miguel, Catedrático de Dereito Constitucional da USC, organizado polos Departamentos de Filosofía e Xeografía e Historia. Experto en temas relacionados co Magreb en xeral e co conflito do Sáhara Occidental en particular, pronunciou unha conferencia que levaba por título “A descolonización inconclusa do Sahara Occidental".Foi unha interesante charla sobre como evolucionou o proceso de colonización e descolonización deste territorio africano dende a segunda metade do século XIX ata a actualidade.    
   


page | by Dr. Radut