|
As alumnas e os alumnos das Seccións Bilingües de 3º e 4º ESO do IES Valga e maila súa coordinadora, a profesora Marie-France Mayán, tiveron unha boa idea a fin de recadar fondos para a súa viaxe a Londres. Organizan a vindeira semana, do 17 ao 21 de decembro, un mercadillo de libros que está aberto a toda a comunidade. Durante esta semana previa recollen libros de todos os que queiran colaborar, para logo vendelos a prezos moi económicos. Estes alumnos irán a Londres para convivir con familias inglesas nunha verdadeira inmersión lingüística despois de Semana Santa.
Para ampliar foto prema na imaxe
|