Skip to Content

Clausura da 1ª Semana da Música

Actuación do Coro acompañado de Ainhoa Valiño e Lucía Rey, na Biblioteca

A 1ª Semana da Música celebrada estes días, finalizou o venres 24, na Biblioteca, cunhas verbas de clausura deste evento por parte do Director do IES, Eliseu Mera. O acto tamén serviu para a entrega de premios dos concursos de Just Danceportadas de vinilos, coas actuacións das alumnas de 2º Bacharelato Ainhoa Valiño e Lucía Rey e tamén a do Coro.

As actividades programadas contaron con actuacións musicais, no espazo da Biblioteca, do alumnado de Música de 1º Bacharelato e de destacados músicos, invitados a esta actividade, como o violinista Manuel García Vicente, o guitarrista David Regueiro, un dos referentes do jazz manouche e premio Martín Códax Jazz 2023, e de James Strauss, solista de frauta traveseira internacional. Xunto a estas actuacións musicais, unha representación do alumnado de Música, co seu profesor Ismael Cabaleiro, realizou dous podcasts á ilustradora e cantante Gloria Pavía e o luthier de violín, Martín González.
Por útimo sinalar que no corredor da planta baixa pódense ollar as exposicións dos traballos realizados polos participantes no concurso de portadas de vinilos e tamén a que realizou alumnado de Música con textos de cancións ou de persoeiros, alusivos á Música.
Esta semana foi organizada polo departamento de Música coa colaboración de Vicedirección e as profesoras e alumnado de 1º do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais.

Actuación de James Strauss, xoves 22 maio na Biblioteca, 1ª Semana da Música

Podcast á ilustradora Gloria

Participantes concurso Just Dance, martes 22

Exposición portadas de vinilos, 1ª Semana da Música, corredor planta baixa



page | by Dr. Radut