Skip to Content

Exposición de cartaces sobre Luísa Villalta polo alumnado de Literatura Universal de 1º Bacharelato

Exposición arredor de Luísa Villalta polo alumnado de Literatura Universal de 1º Bacharelato B

O alumnado de Literatura Universal de 1°de Bacharelato B, coa súa profesora Paula A. Rey, realizou unha pequena exposición de cartaces para conmemorar o Día das Letras Galegas. Xa que este ano celebramos a obra de Luísa Villalta, quixemos contextualizala na historia da literatura galega, en concreto, entre as mulleres poetas dos anos 90. Elas cuestionaron a produción literaria anterior poñendo, en primeiro plano do discurso, a súa experiencia vital como muller e, quebrando os modelos sociais que se lle presupuñan. A exposición pode ollarse no corredor da planta baixa.

Exposición arredor de Luísa Villalta polo alumnado de Literatura Universal de 1º Bacharelato B



page | by Dr. Radut