Tres profesoras do centro educativo Valga Gymnasium da localidade homónima de Estonia están a coñecer o noso centro desde o luns 12 e ata o mércores 14. Son Pille Olesk (project manager) Triinu Ugur (study manager) e Kristiina Maalaps (activity leader) e están inmersas nun proxecto Erasmus+ que pretende, entre outros obxectivos, o coñecemento do noso sistema educativo. Entre as actividades que levan a cabo está visitar as distintas instalacións, o funcionamento do noso IES, coñecer a práctica docente nas nosas aulas..., ademais o mércores participarán na excursión do Club de Lectura do alumnado. Pola súa parte, explicaron como é o seu centro educativo e o funcionamento do sistema de ensino do seu país ao profesorado do centro. Esperamos que a súa estancia sexa produtiva e que esta colaboración perdure no tempo.