Skip to Content

Información do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería

Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería

IES de Valga 

O noso centro vos ofrece a posibilidade de cursar este ciclo medio que ten moitas saídas profesionais e dispoñemos dunhas boas instalacións para a túa formación. Aulas moi ben equipadas e uns talleres cunha completa maquinaria: máquinas de soldadura TIG, MIG/MAG, pregadoras convencionais e CNC, cizallas, máquina de corte CNC, ...

Temos oferta en Ordinario, Adultos modular e Dual

 

Medalla de ouro

Soldadura

Medalla de bronce 

 Soldadura

Estes ciclos teñen gran demanda das empresas e con unha incorporación ao mercado laboral de case un 100%.

OLLO: No curso 2024-25 haberá variacións nos módulos e nas prácticas en empresas 

Ordinario  2023-24(2000h)

  Dual 2023-24(2000h + actividade profesionalizadora)

Dous cursos en horario diúrno. As prácticas en empresa fanse o último trimestre do 2º curso.


Adultos modular  2023-24 (2000h)

 


 

Dous cursos en horario de tarde/noite. As prácticas en empresa fanse unha vez rematados os dous cursos, de setembro a decembro

 

Dous cursos en horario de tarde/noite (no centro educativo). 

En primeiro curso a formación é no centro educativo ata marzo. De abril ata xullo ou agosto, é totalmente na empresa.

En segundo curso a formación é no centro educativo e empresa ata  marzo. Despois é totalmente na empresa ata xullo ou agosto.

En dual o alumno está dado de alta na seguridade social e ten unha remuneración proporcional as horas que realice na empresa. Ademais das horas de formación ten horas de actividade profesionalizadora.

 

Competencia xeral

Fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación. 

 

Contorno profesional 

Industrias dedicadas á:

   - Construcción, montaxe e reparación de construcións metálicas.

   - Fabricación de grandes depósitos, caldeiraría grosa e tubaxe industrial

   - Talleres mecánicos, construción de carrozarías, remolques e caixas abatibles

   - Construción e reparación naval, instalacións petroquímicas

 

  Módulos profesionais do ciclo formativo 2023-24  [2.000 horas]

OLLO: No curso 2024-25 haberá variacións nos módulos e nas prácticas en empresas

1º Curso

Interpretación gráfica133 h

FOL 107 h

Mecanizado 160 h

Soldadura en atmósfera natural 347 h

Trazado, corte e conformación 213 h

 

2º Curso

Metroloxía e ensaios123 h

Soldadura en atmósfera protexida 261 h

Montaxe 193 h

Empresa e iniciativa emprendedora 53 h

FCT410 h

 

Saídas profesionais

Chapista e caldeireiro/eira
Soldador  e oxicortador/ora
Carpinteiro/eira metálico/a 
Montador/ora de estruturas  
Tubeiro/eira industrial
Operador/ora de CNC

Operador/ora de proxección térmica

 

Este centro imparte Ciclos Formativos 
cofinanciados polo Fondo Social Europeo

 

Voltar a páxina principal do departamento de F. Mecánica


page | by Dr. Radut