Skip to Content

'AstrónomAs', unha exposición que divulga a investigación das mulleres astrónomas

Exposición "AstrónomAs" no IES Valga

Este mes de maio, tivemos no corredor da planta baixa do noso centro a exposición:  'AstrónomAs'. Unha exposición patrocinada pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e a SEA (Sociedade Española de Astronomía) que busca destacar o papel e o traballo das mulleres na Astronomía, ademais de facilitar a divulgación das investigacións realizadas por mulleres científicas na astronomía e astrofísica, as innovacións afíns e as perspectivas futuras nestes campos. Alumnado de diferentes cursos tiveron ocasión de ollar os paneis desta exposición. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Exposición "AstrónomAs" no IES Valga



page | by Dr. Radut